22/03/2018

80 escolares dos colexios de Barbadás plantan árbores autóctonas

Los/las alumnos/as participaron previamente a la plantación, en una charla didáctica a cargo de miembros da asociación Amigos da Terra

  • O alumnado que participou una plantación de árbores autóctonas (bidos, carballos, castiñeiros e arces) coñeceu a través de membros da asociación Amigos da Terra as 10 grandes claves acerca das árbores.
  • As árbores son inmensos parasoles artesanais porque hai infinidade de seres vivos que dependen da agradable sombra das árbores para a súa supervivencia.
  • A suor das árbores refréscanos: as plantas transforma a auga líquida en vapor de auga e este é despedido polas follas a modo de suor; o resultado deste fenómeno é que o aire se refresca e humedece.
  • Botellas de osíxeno diurnas: as planas no proceso de respiración gracias ao sol e á auga son capaces de consumir CO2, obter alimento e liberar osíxeno tan necesario para a vida humana.
  • Descoñecidas industrias anticontaminación: diminúen o CO2 que é xerado pola actividad humana e reducen a contaminación química atmosférica retendo nas súas follas o po e as partículas que flotan no aire.
  • Son un supermercado de alta calidade: proporcionan infinidade de recursos: froitas, especias, froitos, aceite, cortiza, resinas, etc.
  • As árbores son confortables fogares con trasteiro incluido: refuxio de aves, almacén de roedores e dormitorio de curuxas. Por exemplo nun só carballo poden atoparse ata 300 especies distintas de insectos.
  • Son farmacia aberta as 24 horas: solución efectiva para os arrefriados, fonte de compostos utilizados na fabricación de aspirinas e medicamentos contra o cancro.
  • Vistosas barreiras contra o son: atenúan a intensidade do ruído mediante a absorción da súa enerxía.
  • Candados para o solo: as raíces das árbores son capaes de reter o solo en situación de fortes ventos e riadas, evitando así a súa perda.
  • Limitados produtores de papel: o papel está composto por febras vexetais, de xeito que cada vez que gastamos inútilmente unha folla ou deixamos de reciclar un simple cartón, estamos menosprezando a vida dun marabilloso ser.
  • Os/as 80 escolares plantaron un total de 30 árbores na zona do paseo dos Muíños, na Valenzá. Incluso lle puxeron nome ás árbores, aparecendo algún ao que lle chamaron Gabriel, na honra do neno asesinado hai uns días.
  • Esta actividade didáctica foi organizada conxuntamente polas concellerías de Medio Ambiente e Educación e coa colaboración da asociación Amigos da Terra e da Dirección Xeral de Montes da Xunta.

 

Medio ambiente, Novas

CONTENT.1711658267

SINGLE.1711658267