01/03/2022

800 persoas formarán parte do Folión de Entroido de Barbadás

800 PERSOAS FORMARÁN PARTE DO FOLIÓN DE ENTROIDO EN BARBADÁS

O folión de Entroido comezará ás 17,00 horas

O aparcamento de Carrefour permanecerá aberto para que as persoas que asistan poidan estacionar aquí os seus vehículos

Habilitarase unha zona para persoas con mobilidade reducida e diversidade funcional

  • A avenida de Celanova da Valenzá será un ano máis o escenario do Folión de Entroido de Barbadás  hoxe martes 1 de febreiro a partir das 17,00 horas.

 

  • 800 persoas formarán parte do folión, onde se poderán ver diferentes temáticas distribuidas en parellas, individuais, tríos, comparsas e carrozas.

 

  • Tanxugueiras estarán presentes en tres participantes diferentes, Bicos no vento, a toreira das pipas Facundo, Non máis té, eu só licor café, Poseión e Nereida, As Sereas, Maddy e Max, Avatar, a batalla de Pandora, Os vikingos do reciclaxe, familia feliz, A idade da Pava, e Fillas do Lume. Estes participantes compiten no apartado de parellas e tríos.

 

  • Na categoría de comparsas estarán O Colmear da Finca Fierro, Voltan os de sempre, A Foliada das Lamas, Policía Local de Barbadás, defendendo o noso concello, Trogloditas, Luces e sombras, Asociación Centro Comercial Aberto de Barbadás, Noivas á fuga, A Lareira do tío Pixiñas e As Catro estacións.

 

  • Tamén participan as carrozas Air Lolailos, Art-Landia e O Gran Circo.

 

  • Encabeza p desfile a carroza Bicos no vento, con 60 membros, que non entra en competición.

 

  • Tamén estarán a Batucada Brassica Rapa, a charanga Os Percutores e o tren de nenos e nenas do Concello de Barbadás, que non compiten.

 

  • O aparcamento do Carrefour permanecerá aberto para as persoas que se despracen a Barbadás e para evitar aglomeracións, ademais de por motivos de seguridade.

 

  • Habilitarase unha zona de aparcamento e visualización do desfile na zona do supermercado Mercadona.

 

  • Ademais dos efectivos da policía local de Barbadás, estarán colaborando coa seguridade e control do tráfico as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Barbadás, Baños de Molgas, Cortegada, Toén e Xunqueira de Ambía.

 

  • Na entrega de premios, que será en torno ás 19,30 horas, entregaranse tamén os premios aos mellores mecos. Os premios a participantes no folión oscilan entre os 200 e os 1.000 euros.

Cultura, Novas

CONTENT.1733592744

SINGLE.1733592744