26/05/2025

A ampliación do programa de festas con dous concertos o venres motiva un cambio de ubicación

Festas Valenzá
  • Mudan do Parque da Liberdade á rúa 17 de Maio ante a necesidade de maior aforo e por recomendación de Protección Civil para garantir a seguridade 

O Concello de Barbadás, por recomendación de Protección Civil, tomou a decision de cambiar a ubicación dos concertos da noite do venres 6 de xuño das Festas da Valenzá 2025 para garantir a seguridade do público asistente. A comisión de festas informou nestes días ao goberno local sobre a ampliación da programación inicial, coa incorporación dunha orquestra, ademais da discomóbil, polo que se revisou a viabilidade da ubicación prevista nun primeiro momento, que era o parque da Liberdade.

Despois de analizar o espazo dispoñible e o aforo esperado, Protección Civil recomendoulle ao Concello mudar o lugar dos concertos para cumprir a normativa vixente e garantir en todo momento a seguridade dos asistentes e a accesibilidade dos servizos de emerxencias. Así, a actuación da orquestra e da discomóbil terá lugar finalmente na rúa 17 de Maio, por ser o espazo máis a acaído e o único que garantiza o cumplimento de todos os requisitos de seguridade.

A celebración das festas levarase a cabo os días 6, 7, 8 e 11 de xuño, segundo anunciou a comisión, encargada da organización da celebración. O resto da programación manterá a ubicación inicial, aprobada polo Concello por cumprir a normativa de seguridade. Por agora, a comisión avanzou a participación das agrupacións orquestra New York e Discomovil Apocalipsis. Nas próximas semanas, o equipo organizador irá dando a coñecer o resto das actividades e concertos dos que desfrutará a veciñanza. 

Novas

15/06/2026

Campamento Multideporte 2026_ Listaxe de admitidos e quendas adxudicadas

13/06/2026

Servizo de Conciliación “BOS DÍAS COLE”. Curso 2026-2027

2026-Barbadás-Bos días cole

Prazo de solicitudes do 15 de xuño ata o 3 de xullo de 2026.

13/06/2026

“ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES” Curso 2026/2027

Plazo de solicitudes del 15 de junio al 3 de julio de 2026.

CONTENT.1781543547

SINGLE.1781543547