05/07/2022

A “apicosmética” con Mel de Galicia naceu hai un ano na sede da apicultura galega en Barbadás

Emprendemento en Barbadás

Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos productos cosméticos "Bela Colmea" foto Rosa Veiga . maio 2022

 

  • A apicultura é un tipo de gandería con moito futuro e posibilidades que conta con cada vez máis practicantes entre a xente moza, pois “decátanse de que coas abellas apréndese un montón, e cando xa teñen algunha infraestrutura montada, compénsalles solicitar as axudas previstas para o sector”, asegura Ester.

 

  • Entre os mil socios e socias da agrupación, 8 son do Concello de Barbadás. Na sede da agrupación galega, Ester explica que a apicultura complementa a renda agraria que se obtén do coidado de castiñeiros, da colleita de cogomelos…

 

  • “Ultimamente houbo socios que se desanimaron porque foron anos malos, con velutina, e parecía que todo ían ser gastos, así que puxémonos a pensar como diversificar a produción”, relata Ester.

Proxecto moi colaborativo

  • En 2019 xurdiu a idea dunha liña de cosméticos elaborados con mel coa certificación de orixe e calidade que corresponde a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) “Mel de Galiza”. E fóronse engadindo apoios.

 

  • O proxecto elaborouse a partir da investigación desenvolvida no campus de Ourense da Universidade de Vigo, en concreto na facultade de Física Aplicada, que fixo o estudo con 60 voluntarios de toda Galicia, entre eles algún de Barbadás, nos que se estudaron os primeiros resultados, segundo detallou a veterinaria de abellas.
    Comezamos o traballo con mulleres apicultoras, pois aos homes non lles encaixaba esta idea da cosmética”, lembra, e contaron coa colaboración Juan Carlos Liste, do Instituto de Aromaterapia de Galicia, coa dun laboratorio de Santa Uxía de Riveira e ca Asociación Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense (Adercou , tamén con sede en Barbadás), entre outros.

 

  • En maio de 2021 naceu a liña de apicosmética “Bela Colmea” cunha gama de produtos destinados ao coidado corporal, nutrición e reparación da pel, en zonas concretas:  bálsamo para pés, dous bálsamos corporais con diferente uso chamados “apirreparador” e “apidor”, xabón natural de mel e própole, crema reparadora de mans e unllas, crema facial anti-idade e crema corporal enriquecida.
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos productos cosméticos "Bela Colmea" foto Rosa Veiga . maio 2022
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos produtos cosméticos “Bela Colmea” foto Rosa Veiga . maio 2022

Venta directa de apicultores e “en liña” na agrupación

  • Despois do primeiro ano, 30 apicultores y 50 colmeas de toda Galicia aportan a súa  produción para elaborar os cosméticos que son vendidos directamente polos produtores, e tamén na páxina web da agrupación, que conta con apartado de tenda.
    “Estamos entrando tamén en tendas especializadas en apicultura e noutras que estean interesadas, como as centradas en produtos naturais”, detalla pola súa banda Mónica López, traballadora da agrupación e buscadora continua, dentro da súa dispoñibilidade de tempo, de novos locais de venda.

 

  • Nos pedidos a través da web da agrupación, Mónica ocúpase de facer paquetes moi persoais, que inclúen información en tarxetón e folleto. “A agrupación non é unha empresa que compita ca venda que fagan @s apicultores, senón que complementa as posibilidades dos produtores e tenta ir máis aló, destinando os beneficios a novos produtos”, engade.

 

  • Así, a comezos de xuño deste mesmo ano 2022, saíu á venda o primeiro xampú sólido, despois de proporcionar algún dos produtos en colectivos  como o dos peregrinos, para os que poden ser moi beneficiosos o bálsamo para pés, o “apirreparador” e o “apidor”.
    Estes produtos forman parte dun apiturismo, que xunta a tradición das alvarizas (e os seus diferentes nomes galegos como lacenas, trobos ou cortizas) co Camiño de Santiago pois aparecen con frecuencia diante dos ollos das persoas que peregrinan cara Santiago de Compostela”, relata Ester.

 

  • Dende que comezaron as vendas, segundo lembra Mónica, as persoas que usan estes novos produtos comentan nas redes os seus resultados. “Así descubrimos que a crema corporal deu moi bos para a psoriase, e que aceleran a recuperación tras picaduras de abellas e outros insectos
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos productos cosméticos "Bela Colmea" foto Rosa Veiga . maio 2022
Ester Ordóñez Dios e Mónica López Pérez, do Centro Empresarial Transfronteirizo situado en Pontón, Barbadás, cos produtos cosméticos “Bela Colmea” foto Rosa Veiga . maio 2022

O traballo habitual continúa

  • A venda e promoción das cremas e bálsamos “Bela Colmea” engádense aos traballos habituais da agrupación de Barbadás, na que Ester e Mónica ocúpanse cada día de atender e asesorar a apicultores con problemas nas súas colmeas ou que precisan tramitar axudas, seguros etc.

 

  • O envío de fotos e vídeos por plataformas telefónicas de mensaxería, pode ser suficiente para facer diagnóstico diante dunha mortalidade de abellas, antes de decidir que é necesario ir en persoa, e na pandemia tivemos que impartir cursos formativos en liña, o que permitiu a asistencia de máis persoas que antes, ao remate do seu traballo diario, xa en casa, incluso dende Latinoamérica” detallou Ester.

 

  • Cos cursos, o colectivo de apicultores mantense informado de temas sanitarios, axudas, novas lexislativas… e tamén poden irse actualizando nos vídeos e tutoriais da canle de Youtube .
    Tamén podes seguilos en Facebook e Instagram

Barbadás Quéreo Viveo, Promoción económica

CONTENT.1711688016

SINGLE.1711688016