08/09/2020
A Biblioteca de Barbadás promove organiza “Contadas no parque” para promover o hábito da lectura entre os máis cativos

A CONCELLERÍA DE CULTURA PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA FOMENTAR A LECTURA DURANTE A INFANCIA
“Contadas no parque” desenrolarase na Solaina entre os días 11 de setembro e o 2 de outubro ás 18,30 horas
Para participar na actividade cultural é preciso inscribirse en biblioteca@barbadas.es
Os contacontos están dirixidos a nenos e nenas entre os 5 e os 11 anos
- “Contadas no parque” é unha iniciativa promovida dende a Concellería de Cultura de Barbadás a través da Biblioteca municipal.
- Para participar nesta actividade de contacontos é necesario inscribirse na seguinte dirección de email: biblioteca@barbadas.es.
- A primeira “contada” no parque será o 11 de setembro ás 18,30 horas a cargo de Trécola Teatro coa narración “Sen medo”.
- A seguinte cita coa literatura contada será o mércores 16 de setembro. A “contadora de historias” será Raquel Queizás coa narración “Travesías”.
- O venres 25 de setembro estará no parque da Solaina Sabela Gago coa narración “Naturizo e o espirito do bosque”.
- O colofón ás “Contadas no parque” poñerao Pedro Brandariz o día 2 de outubro coa narración “A familia de Tango”.
- Esta actividade cultural está patrocinada pola Xunta a través da campaña “Ler conta moito”.