18/05/2020
A Biblioteca de Barbadás retoma progresivamente a súa actividade e abre o 18 de maio para devolución de documentos

A BIBLIOTECA DE BARBADÁS RETOMA PROGRESIVAMENTE A SÚA ACTIVIDADE A PARTIR DE HOXE 18 DE MAIO
O horario será de 10,00 a 13,00 e só para a devolución de documentos en préstamo
O Préstamo de libros realizarase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos”, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es., e o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado
- A Biblioteca Municipal de Barbadás retoma pouco a pouco a súa actividade.
- A apertura iniciarase hoxe luns 18 de maio.
- O horario será de 10 a 13h e só para devolución de documentos en préstamo.
- A entrada ás instalacións da biblioteca municipal regularase de xeito que só se permite a entrada na instalación de 1 soa persoa.
- O Préstamo de libros realizarase baixo demanda, sen acceso directo aos fondos“, a través do correo electrónico: biblioteca@barbadas.es. A continuación o persoal da Biblioteca responderalle dándolle día e hora para recoller o solicitado, só se permite oacceso dunha soa persoa.
- Poderán consultar as obras que ten disponible a Biblioteca no OPAC WEB https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/.
- Será obrigatorio acudir á Biblioteca provistos/as de mascarilla e lavar as mans co xel hidroalcohólico que lles será facilitado ás persoas usuarias nas propias instalacións.
- Para a devolución dos exemplares, procederase á descontaminación dos materiais a través dunha corentena de 14 días.
- Dende a biblioteca municipal informase que non se realizarán actividades culturais, actividades de estudo en sala ou préstamo interbibliotecario“, e tampouco se poderá facer uso dos ordenadores.
- Durante este período, as coleccións en libre acceso permanecerán pechadas ao público.