23/01/2022

A canteira de patinadores do “Morcegos” de hockei liña, medra en Barbadás onde ten 7 xogadores

Sociedade en Barbadás

Xogadores do Equipo Morcegos de Hockei en liña. que viven en Barbadás, e o entrenador.. De esq. a der. Eladio Blanco "Lalo" (xogador senior e vogal da asocaición Patinatur), José Luis Alonso (xogador senior e vogal),Martiiño, o entrenador Avián Arias "Yeti" (e presidente da asociación Patinatur) , e os tamén xogadores de alevín, infantil ou xuenil, Jaocobo. Dani (porteiro) , Joel e Héctor.n no parque dos patos da Valenzá. foto Rosa Veiga
  • O equipo de hockei en liña “Morcegos” é o único da provincia de Ourense na liga galega dese deporte. Está integrado na Federación Galega de patinaxe, en medre continuo dende o seu nacemento en 2015, con 7 xogadores que son veciños da Valenzá e de Piñor, nos equipos senior, infantil e xuvenil.

 

  • Este equipo federado de hockei liña é o resultado dunha afección que comezou como actividade extraescolar no colexio Mestre Vide de Ourense, onde Manuel Montes (falecido hai uns meses), pais e nais e o monitor de patinaxe Luis Penín (hoxe un dos adestradores dos “Morcegos”), acordaron fundar o club “Patinatour”.

 

  • Os socios asistían a escola de patinaxe cos seus fillos e fillas e “despois algún quixo probar cousas e trouxo paus de madeira” e así comezou o hockei, segundo lembra Álvaro Guevara “Chevi”, adestrador, xogador senior e vogal da asociación.

 

  • E así,  aos poucos, formouse un equipo chamado “Morcegos” porque “buscouse o nome dun animal que resultase “sonoro, bonito, que fora nocturno e dera algo de respeto”, detalla “Chevi” que apostaba por este nome no debate entre varios posibles.

 

  • Daquela eran 15 socios, hoxe son 100 e queren ser máis. Organizan e participan clases de patinaxe os sábados, excursións e celebracións puntuais como a de Nadal, Entroido (participaron dous anos no desfile de Barbadás) ou fin de curso “sempre sobre patíns”, puntualiza Eladio Blanco “Lalo”, secretario da asociación e xogador senior.
Parte do Equipo Morcegos de Hockei en liña. Xogadores os equipos infantil e xuvenil que vivven en Barbabás: de esq. a der. e da fila de atrás cara adiante, Joel (xogador), Álvaro Guevara "Chevi" (xogador senior e vogal da asociación Patinatur), José Luis Alonso (xogador senior e vogal da asociación Patinatur) Dani (portero de Morcegos), Martiño e Jacobo (xogadores de xuvenil e infantil), Eladio Balnco "Lalo" (xogador senior e secretario da asociación), Héctor (xogador) e Iván Arias "Yeti" (entrenador e presidente da asociación) no parque dos patos. foto Rosa Veiga
Parte do Equipo Morcegos de Hockei en liña. Xogadores os equipos infantil e xuvenil que vivven en Barbabás: de esq. a der. e da fila de atrás cara adiante, Joel (xogador), Álvaro Guevara “Chevi” (xogador senior e vogal da asociación Patinatur), José Luis Alonso (xogador senior e vogal da asociación Patinatur) Dani (portero de Morcegos), Martiño e Jacobo (xogadores de xuvenil e infantil), Eladio Balnco “Lalo” (xogador senior e secretario da asociación), Héctor (xogador) e Iván Arias “Yeti” (entrenador e presidente da asociación) no parque dos patos. foto Rosa Veiga

Co adestrador “Yeti” o equipo federouse

  • Cada socio, coa súa aportación trimestral de 45€ aproximadamente, fai posible o mantemento dunha Escola de Patinaxe que ten 60 patinadores y una Escola de Hockei que ten 40 patinadores/xogadores para os equipos das diferentes idades, todos eles mixtos excepto o senior, que hoxe xa conta con sección feminina e masculina.

 

  • O paso dado dende a patinaxe ata o hockei comezou como afección e evolución dos país, nais e escolares que comezaron coa asociación, e aos 6 meses xa tiñan equipación completa para xogar despois das clases de patinaxe.

 

  • “Un día chegou á cancha un rapaz con una moto  KTM laranxa e negra que escoitara que en Ourense había un equipo de hockei-liña”, lembra Lalo axudado por José Luis Alonso (xogador senior e vogal de Patinatour ).

 

  • Ese rapaz era Iván Arias “Yeti” (hoxe presidente da asociación e entrenador) que lembra, na conversa que tivemos con todos eles, que fora xogador profesional na Liga Nacional e traballaba en Ourense. “No tenía ni idea de lo que me iba a encontrar pero había jugado desde 1998 hasta 2006, después había sido entrenador ocasional en cada lugar en el que viví y un compañero de trabajo en Ourense me habló del club”, narra Yeti.

 

  • Cando chegou á cancha do Mestre Vide, preguntou e dixéronlle que podían aprenderlle a xogar pero cando lles dixo que levaba 15 anos xogando, pedíronlle directamente que os adestrase el…”e ata hoxe”, lembra José Luis.

 

  • E xa con adestrador, o equipo senior masculino, o que servira de proba, apuntouse na Liga Nacional de “Street hockei”, que se xogaba con pelota (non con disco plano) e na tempada 2015-2016 da Federación Galega de Patinaxe, como equipo de hockei-liña.

 

  • No mesmo ano xa contaban con patinadores para o equipo “benxamín” (de 5 a 7 anos) e dende entón, cada dous anos amplían a participación na Liga galega cun equipo máis, e así contan xa con equipos que compiten na liga alevín (ata 12 anos), infantil (ata 14 anos ), xuvenil (ata 16 anos) e senior masculino e feminino.

 

  • Agora mesmo non contan con xogadores e xogadoras en idades de “benxamín” (ata 10 anos) nin “junior” (ata 18 anos), pero a evolución continúa.

Con campo propio, buscan canteira

  • Despois de competir os primeiros tres anos, éramos a única provincia con equipo e sen sede propia e tiñamos que ir a Lugo, A Coruña ou Vigo para os partidos pero en 2017 conseguiuse a implicación institucional en Ourense e dende 2019 temos campo propio no polideportivo do barrio da Carballeira, a carón do colexio Manuel Luis Acuña”, detalla Lalo.

 

  • Logo a historia común: pandemia, parón, reinicio prudente en 2020 con algún torneo puntual e dende Nadal de 2021, sen campo propio por reforma integral do da Carballeira.  “Agora o equipo consolídase e imos gañando visibilidade así que esperamos ampliar a canteira e superar as dificultades destes últimos meses”, augura Chevi.

 

  • Os equipos “Morcegos” fórmanse neste momento con xogadores e xogadoras de Barbadás, Ourense, Marín, Monforte de Lemos, Chantada, Moaña, Viveiro, Ferreira de Pantón e Celanova. Yeti matiza que non todos acuden aos adestramentos semanais na cidade de Ourense pero sempre están dispoñibles para os partidos da competición galega.
Xogadores do equipo senior de Morcegos e vogais, entrenador e presidente da asociación Patinatur, pais e nais de xogadores xuvenís e infantís na Valenzá. foto Rosa Veiga

Yeti imprime valores en “Morcegos”

  • Preguntar que aporta ás nenas e nenos estar no equipo “Morcegos” non ten respostas tópicas. Yeti ten moi claro que cada equipo é un “grupo de amig@s con objetivos comunes” e que se fomenta “la igualdad”, pois todas as patinadoras e patinadores teñen as mesmas oportunidades de xogar, independentemente de como vaia o resultado de cada partido. “Todas las jugadoras y jugadores rotan en cada encuentro, y cuando se acaba el partido, todos son amigos sean del equipo que sean”.

 

  • Tamén hai respostas esperadas sobre os beneficios deste deporte. Chevi, José Luis e Lalo apuntan “autonomía persoal” e inciden no feito de que “a diferenza doutros deportes, neste todos xogan por igual, o importante é entrenar e comprometerse”.

 

  • E Yeti volta os valores que considera prioritarios: “crecer jugando y ayudar a que todos sean personas, no a ganar la Liga”. Ata o momento, rematan cada tempada de terceiros.
  • Ese compromiso é familiar pois algúns partidos en Ourense son pequenas festas nas que as familias locais aportan doces, bebidas, tentempés, froita… para os xogadores de todos os equipos que compiten nos diferentes partidos do día.

Outras motivacións para patinar e xogar

  • Pais e nais dos xogadores que son veciños de Barbadás relatan como foi o comezo. Jacobo, segundo o seu pai Dani, quixo ir patinar porque tamén o facía o seu “superamigo” Daniel e xa non quixo deixalo. Héctor “estaba obsesionado” por partinar, segundo lembra o seu pai Camilo, e non esquece o momento en que unha familia amiga lles falou do club Patinatour “e dende entón vai sempre, dende os 7 anos”.

 

  • Eva lembra que ao seu fillo Daniel non lle gustaba o fútbol e ela quería que fixera deporte. “Buscábamos un deporte en el que encajara y comenzó con voleibol hasta que unos amigos nos hablaron del hockey como algo divertido que podía probar”. E así o fixo e alí quedou. “Nos coincidió un partido en el que después había chocolate y churros para los dos equipos… y hasta hoy”.

 

  • Outra nai, tamén Eva, lembra que Joel sempre foi “de deportes de rodas” e cando tiña 10 anos “enterouse por Martín da existencia do club, comezou con eles e aí segue”.

 

  • E aí seguen, os da Valenzá e San Lourenzo de Piñor: Héctor, Joel, Dani, Martín e Jacobo, e os senior (pais) Lalo e José Luis…

 

  • Alguén máis quere xogar patinando??

Barbadás Quéreo Viveo, Deportes, Novas

CONTENT.1731186719

SINGLE.1731186719