15/02/2023

A Casa da Mocidade de Barbadás un novo punto de activación do Carné Xove na provincia de Ourense.

 

A Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia inclúe á Casa da Mocidade de Barbadás como punto de activación do Carné Xove na provincia de Ourense.
A partir do 16 de febreiro de 2023 xa podes activar o teu carné en Barbadás.
É un documento gratuito e ten unha vixencia indefinida dos 12 aos 30 anos.
Con este documento as persoas usuarias poden acceder a descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).
DESCONTOS

O obxectivo é facilitarlle aos mozos e mozas de 12-30 anos o acceso a bens e servizos de todos os ámbitos (cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc.) a través de descontos ou vantaxes. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Establecementos adheridos

Como identificar os establecementos adheridos?

Queres ser un establecemento adherido? Coñeces algún establecemento que queira participar?

 

Mocidade, Novas

CONTENT.1708794617

SINGLE.1708794617