14/05/2025

A Cavernícola Race congrega este sábado a máis de 450 deportistas en Barbadás

Presentación Cavernícola
  • A carreira forma parte desde este ano da Liga de Organizadores de Carreras de Obstáculos (AOCO), polo que pasa a ser competitiva e puntuable
  • “Aumentamos o percorrido e hai novos desafíos como a proba de pistolas láser ou o asador de polos”, explica Diego López, coordinador da carreira
  • O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, destaca o papel da Cavernícola na posta en valor e visibilidade do concello en toda España

O Concello de Barbadás organiza este sábado, a través da Concellería de Deportes, a VI edición da Cavernícola Race, unha proba que xa conta cun oco propio no calendario de carreiras de obstáculos (OCR) a nivel nacional. De feito, desde este ano a Cavernícola xa forma parte da Liga de Organizadores de Carreras de Obstáculos (AOCO), que inclúe eventos deste tipo en toda España. 

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, destaca o importante valor desta proba deportiva, que o sábado congregará a máis de 450 deportistas no municipio. “Son 8 kilómetros de percorrido intenso, fermoso, o que supón unha vista xeral sobre o noso concello, con naturaleza, zona urbana… É unha carreira sumamente interesante que tamén serve para visibilizar o noso concello con participantes de todo o país”, sinalou esta mañá durante a presentación da cita.

Nesta sexta edición, a Cavernícola colabora coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense. “Apórtanse dous euros por cada participante, o que supón case mil euros da recadación das inscricións”, apuntou Valcárcel.

Novidades

Diego López, coordinador da proba, avanza algunhas das novidades que se van atopar este ano os corredores, tales como unha proba de pistolas láser ou o asador de polos, “que pensamos que vai gustar moito”. López recorda que formar parte de AOCO permite que a Cavernícola sexa competitiva e puntuable, ademais de atraer a numerosos deportistas de fóra de Galicia. “Tamén teremos a unha das voces máis populares das OCR, Tribbi speaker, que animará a todos os corredores e ao público”, engade. 

Pola súa parte, Miguel Soto, encargado do percorrido e dos obstáculos, invita a desfrutar a todos os participantes dos novos “combos” colocados durante os 8 kilómetros de carreira. 

Colaboradores

A concelleira de Deportes, Noemí Pintos, agradeceu na rolda de prensa a implicación do persoal do Polideportivo Municipal, que estes días traballa arreo para ultimar os detalles da proba, así como da Policía Local de Barbadás e de Protección Civil. “Tamén, temos que dar as grazas á Deputación pola súa colaboración, así como ás empresas que nos axudan: Cuevas, Micocadas, Panadería Vistahermosa, Galfor, Maquinor, Patatas Xinzo, Jofesa, Enervit, Panadería Maceda, Cervecería Laza, Deportes Moncho e Forno”, destacou. 

Deportes, Novas

CONTENT.1750528197

SINGLE.1750528197