11/06/2018
A cidadanía de Barbadás pode ter o concello no peto se descarga a aplicación móbil
A app do Concello de Barbadás ofrece múltiples utilidades de interese para a veciñanza

Noticias, axenda, avisos, teléfonos de interese, información sobre o bus, mapas, cita previa co médico, o tempo meteorolóxico ou o acceso á propia páxina web do Concello de Barbadás son algunas das posibilidades que ofrece a aplicación móbil.
- A aplicación móbil do Concello de Barbadás dispón ademais da posibilidade de transmitir incidencias.
- Neste apartado de incidencias poden comunicarse todo tipo de cuestións relacionadas co mobiliario urbano, tráfico e sinalética, lixo e residuos, pavimentos e sumidoiros, animais e pragas, limpeza e xardinería.
- A aplicación que se pode descargar no teléfono móbil de cada persoa ofrece a posibilidade de ubicar xeograficamente a incidencia para enviala de xeito rápido e sinxelo ao Concello.
.
- Esta aplicación gratuíta está a diposición da veciñanza para consultar noticias de ámbito local, o tempo, poñerse en contacto con Emerxencias, coñecer a historia do municipio de Barbadás ou ter acceso a imaxes multimedia.
- O obxectivo é que o/a usuario/a coñeza información de todo tipo relacionada con todo o termo municipal en tempo real.
Algunhas das razón polas que é útil esta aplicación son as seguintes:
Porque a calquera cidadán/á interesalle ter a man a información local, como notificacións, axenda cultural e deportiva, rueiro, teléfonos de interese, horarios de autobuses, etc.
Porque se precisa fluidez na comunicación de incidencias para resultar eficaz.
Porque é interesante para mellorar os servizos, as instalacións e dotacións públicas o manter unha liña aberta co teu concello.