15/02/2024
A comparsa Oulimpiadas e a carroza Os Lolailos por Exipto, gañadoras do Concurso Desfile de Entroido en Barbadás
O Gran Desfile de Entroido de Barbadás gaña en espectacularidade cada ano que pasa e o Concello quere premiar o esforzo de todos os participantes repartindo 6.000 euros entre os gañadores. Unha vintena de comparsas e carrozas e preto dun millar de persoas desfilaron pola avenida de Celanova o pasado martes e no percorrido, moi aplaudido, destacou a creatividade e o bo humor. Fomentar, conservar, promocionar e ensalzar a tradición do Entroido é o obxectivo do Concello con este concurso.
Na categoría de comparsas estes son os premiados:
1.- OULIMPIADAS: 1.000 euros.
2.- OS CHAPUZAS DE AS LAMAS: 750 euros.
3.- O BOSQUE ENCANTADO: 550 euros.
4.- FESTA NO MUNDO MÁXICO (OS REXOUBEIROS): 550 euros.
5.- AS CORES DO OCEANO DA FINCA FIERRO: 300 euros.
6.- A COPA É NOSA: 300 euros.
As carrozas gañadoras son as seguintes:
1.- OS LOLAILOS POR EGIPTO: 1.000 euros.
2.- A TRIBÚ: 750 euros.
Na categoría de disfraces individuais e parellas/tríos os premiados son:
INDIVIDUAIS:
1.- A LAVANDEIRA: 200 euros.
PARELLAS/TRÍOS:
1.- VOANDO VOU: 300 euros.
2.- LA ERA DEL HIELO: 150 euros.
3.- 1877 PRIMER HOMBRE BALA FUE UNA MUJER ZAZEL: 100 euros.
Cómpre destacar que as asociacións que participaron no desfile do Martes de Entroido e que estiveron compostas por máis de dez persoas e debidamente inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Barbadás recibirán unha axuda de 300 euros.
Ademais, organizouse un Concurso de Mecos no que se repartirán 600 euros en premios e os seguintes resultaron gañadores:
1.- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN BIEITO DE BENTRACES: 300 euros.
2.- COMUNIDAD DE PROPIETARIOS RÚA DOS CARRIS Nº5: 200 euros.
3.- Mª PILAR PIA ATANES: 100 euros.