20/04/2022

A Concellería de Igualdade de Barbadás presenta o “Programa Rosalía”

BARBADÁS INICIA O “PROGRAMA ROSALÍA” PARA PROMOVER A ORIENTACIÓN E O ASESORAMENTO LABORAL DIRIXIDO A MULLERES

A programación agrupa 7 obradoiros durante un período de 2 meses

Acceso ao emprego, emprendemento das mulleres, inserción ocupacional, traballo non remunerado, mulleres na Historia, autoestima e benestar ou violencia de xénero constitúen a temática desta iniciativa

 

  • Esta mañá presentouse nas instalacións municipais da Solaina o “Programa Rosalía”, dirixido a mulleres especialmente ás que se atopan en situación de vulnerabilidade e enmárcase no Pacto de Estado para promover a igualdade e contra a violencia de xénero.

 

  • Na presentación, ademais das participantes, estiveron María Armada, técnica de Igualdade do Centro de Información á Muller de Barbadás, Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade, e Laura Seara, responsable da Consultora Red Talento, que desenrolará este proxecto nos diferentes obradoiros que o componen.

 

  • Elisabet González Nistal, concelleira de Igualdade, explicou que “o O Programa Rosalía naceu nun momento de cambios, de dificultades e moitos retos para a cidadanía, en concreto para as mulleres”.

 

  • A iniciativa é unha grande aposta da Concellería de igualdade do Concello de Barbadás e “vai dirixido a todas as mulleres coa finalidade de fomentar as habilidades laborais e persoais, as competencias, as capacidades e a autoestima de todas as mulleres que participen”, indicou González Nistal.

 

  • Os obxectivos son “mellorar a inserción laboral, a creatividade, a participación e a mellora profesional das mulleres”, apuntou González Nistal. Tamén se busca incrementar a autoestima, ofrecer motivación e asesoramento personalizado para o acceso ao emprego e autoemprego.

 

  • O Programa Rosalía ten unha duración de 2 meses, sinalou Nistal, quen ademais de dexexar que “estén a gusto, que disfruten e, por suposto, que sexa de proveito para o seu futuro”.

 

  • Laura Seara iniciou a súa intervención asegurando que “as crises e guerras golpean de maneira máis violenta ás mulleres. Cando os servizos públicos desaparecen por parte das administracións son as mulleres as que ocupan ese espazo”.

 

  • Segundo Seara “as mulleres reforzan o traballo de cuidados, as mulleres coidadoras reforzan o seu traballo incluso ao triplo das súas xornadas. Emigrar a quen máis lles costa é ás mulleres. Isto coñécese como discriminación múltiple. Todo isto sumado á situación personal de cada muller afecta na posición social desta e, polo tanto, no acceso ao mundo laboral”.

 

  • O Programa Rosalía desenrolarase en 7 obradoiros, que serán impartidos por diferentes profesionais. Haberá unha psicóloga e unha orientadora laboral.

 

  • O primeiro taller será sobre a autoestima e como cuidar a nosa mente, corpo, alimentación, etc. Impartirao unha profesora da Universidade de VIGO experta en saúde con perspectiva de xénero.

 

  • Abordarase noutro dos obradoiros a violencia de xénero, así como as ferramentas de sensibilización e prevención.

 

  • Outro dos talleres centrase no traballo non remunerado: os coidados. Laura Seara destacou que “é necesario valorar o traballo non remunerado, no cal o 90% son mulleres.

 

  • Desenrolaranse talleres de autoemprego, a través das tecnoloxías, como preparar un bo currículo personalizado e programaronse grupos pequenos “para que sexa máis fácil traballar individualmente”.

 

  • Seara anticipou que “visitaremos empresas do noso entorno e trataremos temas como axudas, mediación, etc, é dicir unha titorización completa e personal con cada unha delas e profesionais”.

 

  • As mulleres que participen neste programa “sairán con capacidade de afrontar o mercado laboral, calquer proceso de selección”, segundo Seara Sobrado.

 

  • Dende o Centro de Información á Muller estarán en coordinación constante cos profesionais do programa e ofrecen todos os recursos que poidan ofrecer.

 

  • Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información á Muller a través do teléfono 988 222 251 ou no email igualdade@barbadas.gal.

Igualdade, Novas

CONTENT.1733943330

SINGLE.1733943330