27/03/2020
A Concellería de Medio Ambiente de Barbadás aconsella realizar trampas artesanais contra a vespa velutina

A CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE ACONSELLA REALIZAR TRAMPAS ARTESANAIS CONTRA A VESPA VELUTINA
- A Concellería de Medio Ambiente de Barbadás advirte que coa chegada da primavera “e do tempo quente as raiñas de vespa velutina, que se atopaban invernando, comenzan a saír do seu letargo e tratan de inxerir a maior cantidade de néctar das flores para repoñer forzas e comenzar a facer os niños primarios, que teñen o tamaño aproximado de unha pelota de tenis”.
- O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra Carril, explica que a partir destes niños primarios “vai a sair o primeiro exercito de obreiras que logo realizarán os niños secundarios, que son os que se ven nas árbores, balcóns, cumios dos tellados etc”.
- Sierra advirte que ante esta perspectiva “chegou a época de trampeo para capturar a maior número de raíñas psible e así poder reducir ó máximo a súa expansión polo noso concello”.
- Dende a Concellería de Medio Ambiente “animamos á veciñanza a colaborar na colocación de trampas artesanais nas árbores en flor (cereixos, mazairas, limpatubos ou callistemon,etc) onde acostuman acudir a proverse do néctar.
- A continuación especificamos cómo elaborar estas trampas artesanais:
1º.- Coller unhas botellas de plástico de litro ou litro e medio.
2º.- Facer dous buracos na parte superior da botella cun ferro quente, ou cun soldador eléctrico de 8 mm de diámetro aproximadamente para que non entre a vespa CRAVO.
3º.- Facer 2 buracos horizontais no pescozo da botella para pasar un alambre, cordel, etc para poder colgala.
4º.- Facer a mestura. Enumeramos varios modelos de xarope:
XAROPE 1.- O dore de auga que de mel, quentar e remexer.- a continuación añadir 6 culleeradas de vinagre.
XOROPE 2.- 1 litro de zume de ARÁNDANOS.- 1/2 litro de viño branco.- 4 culleradas de vinagre.- e unha gota de lavavaixelas.
XOROPE 3.- 2,5 litros de auga.- 1 kg. de azucar .- 50 g de levadura panadeira.- 6 culleradas de vinagre.- e 1 gota de lavavaixelas.
- Todos istes xaropes repartense nas botellas a razón de 350-400 centilitros en cada unha e cólganse segundo aparecen nas fotografías adxuntas.
- PREGASE A COLABORACIÓN DE TODOS PARA INTENTAR A ELIMINACIÓN DE ESTA ESPECIE INVASORA.