31/07/2020

A Concellería de Turismo presenta 2 vídeos promocionais da música de Barbadás

A CONCELLERÍA DE TURISMO PRESENTA 2 VIDEOS PROMOCIONAIS DA MÚSICA EN BARBADÁS

“Barbadás terra de música” e “Museo da Gaita de Fole” son os títulos de ambosos dous videos para promocionar a importancia da Música

  • O concelleiro de Turismo, Ramón Selas, falou na presentación dos videos promocionais da importancia da música no concello de Barbadás.
  • “Barbadás, terra de música” pretende “facer unha homenaxe aos predecesores da riqueza musical da que goza o noso concello, unha tradición musical que foi pasando de pais/nais a fillos/as, que están explicadas polos/as protagonistas, xunto coas súas experiencias e anécdotas”.
  • Selas destaca que a cultura musical “segue estando viva no noso concello, onde cada vez máis proliferan corais, agrupacións musicais de todo tipo e cuxo centro neurálxico está na Escola Municipal de Música de Barbadás, na que preto de 300 alumnos/as desenvolven a súa actividade, asegurando o futuro”.
  • O segundo dos vídeos fai un percorrido polo Museo da Gaita de Fole “da man dun dos maiores coñecedores da historia do insturmento e unhs dos poucos artesáns que segue elaborando gaitas, Pablo Martínez.
  • O Museo da Gaita foi inaugurado en 2017, sendo único en Galiza con un claro trazado da historia da gaita dende as primeiras referencias ata o día de hoxe.
  • O múseo é visitado por colexios, colectivos ou mesmo por persoas individuais ao longo do ano.
  • Ramón Selas, concelleiro de Turismo expresou a gratitude a todas as persoas que participaron nos vídeos: Manuel Valdés Cid, Meri Alonso Iglesias, Alfonso Cid Yáñez, Manuel Álvarez González, Manuel Álvarez Ferncández, Manuel Seara Álvarez, Modesta Seara Selas e Pablo Martínez.
  • No acto de presentación participaron membros da corporación municipal e persoas vinculadas á historia da música no concello.
  • A continuación Nova Fronteira protagonizou unha actuación de música tradicional.

Escola de Música, Novas, Turismo

CONTENT.1711637708

SINGLE.1711637708