26/09/2018

“A cova do savio” obtén os premios do xurado e o do público no concurso de pinchos

“A COVA DO SAVIO” GAÑA OS PREMIOS DO XURADO E DA VOTACIÓN POPULAR  NO 3º CONCURSO DE PINCHOS DE BARBADÁS

“O Liñar”, “2 Yemas” e “Alento” foron outros establecementos premiados no “Barbadás a bocados”

Na terceira edición do concurso servíronse 7.700 petiscos nos 22 establecementos participantes, unha cifra que superou á do ano anterior

  • O xurado profesional elixiu a proposta do establecemento “A cova do savio” porque conxugou perfectamente tres elementos: elaboración sabor e presentación e ademais destacou tamén polo emprego de produtos de calidade.

 

  • Rubén Amorín, membro do xurado (“Bandullos salvaxes”), explicou que no caso do segundo clasificado, “O Liñar”, destacou o concepto de “pincho sinxelo, con moito sabor e q ue podía comerse coas mans”.

 

  • A terceira edición do concurso de pinchos ten como novidade no que se refire aos premios que o primeiro clasificado, tanto na votación das persoas que votaron como na elección do xurado, o gañador foi o establecemento “A cova do savio”.

 

  • O petisco dobremente gañador, “as esencias do sabio” estaba composto por solomillo, beicon, tenreira, queixo, mostaza e pementa.

 

  • O establecemento que quedou clasificado en segundo lugar pola decisión do xurado foi “Llesca 2 Yemas”, elaborado a base de pataca, lombo, ovo, pemento, queixo de cabra, leite, nata, herbas aromáticas e cogumelos.

 

  • O segundo clasificado na votación popular foi o pincho de “O Liñar”, elaborado a base polbo, queixo de Arzúa, pementón da Vera e escamas de sal.

 

  • O pincho do establecemento “Alento” recibiu un premio ao pincho doce pola súa proposta “Tartaleta Alento”, entre cuxos ingredientes estaba a pasta brisa, a crema de limón e o merengue.

 

  • Esta mañá na entrega de premios elixíronse entre as papeletas de votación a 5 agraciados/as con cheques regalo para gastar no comercio local de Barbadás.

 

  • As persoas que gañaron estes cheques por valor de 50 euros serán chamados telefónicamente. Trátase de Sara Ruipérez, Belén Aroca, Aitor Silva, José Manuel Rodríguez e David.

 

  • A entrega de premios tivo lugar no salón de plenos do Concello de Barbadás e asistiron os premiados: Santiago Castro (“Cova do Savio”); Tania González (“2 Yemas”); Iván Barja (“O Liñar”) e Julio Alén (“Alento”).

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou “a importancia dun concurso tan relevante que pon a Barbadás no mapa gastronómico da provincia de Ourense”.

 

  • Valcárcel comenta que este tipo de eventos contribúen a “dinamizar a actividade económica do concello e a potenciar a hostelería da zona, ata hai pouco un tanto descoñecida”.

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, destacou a evolución positiva do concurso de pinchos, anticipanto que o goberno de Barbadás aposta pola continuidade deste evento.

 

  • Marga Pérez resaltou ademais o incremento da participación, servíndose nesta terceira edición un total de 7.700 pinchos.

 

  • Pérez agradeceu o esforzo e o traballo dos 22 establecementos participantes, así como a labor realizada polo xurado, “Os Bandullos salvaxes” e dos patrocinadores, entre eles José Antonio Rodríguez Freijedo, representante de Adegas Vallobera e Sanclodio de Hijos de Rivera S.A.

 

  • Rubén Amorín, membro do xurado, sinalou que se trata dun certame “que cada ano vai a máis e que esperamos que en vindeiras edicións volva ter o mesmo ou maior éxito entre o público, con máis establecementos e unha mellora nos pinchos presentados”.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1750539681

SINGLE.1750539681