06/03/2021
A cuarta vida de Silvia Alonso comezou en Barbadás

- Na casa familiar de Silvia non valía o de “mamá, quiero ser artista”, así que enfocouse cara “campos máis seguros” e foi ximnasta, o que na súa infancia supuxo formar equipo cas grandes do momento como Marta Bobo e Pino Díaz, e con elas estivo na Selección Española B en competicións internacionais.
- “Mi padre era melómano así que fue normal para mí vivir con la música y estudiando en el Conservatorio obligada por la familia”, e lembra esa combinación de deporte de competición e música que a levaron a “ejercitar la capacidad de superación, la disciplina y el saber seguir cuando algo no sale bien”, e a escoitar todo tipo de música cada fin de semana.
- Esa foi a súa primeira vida, segundo relata, e tras ela chegou a idade universitaria na que quería estudar Arte Dramático “pero el agente financiador no aceptó”, así que optou pola senda familiar, a de estudar Dereito como fixeran antes pai e avó
- Non lle resultou difícil compaxinalo todo, seu propio pai era avogado e pintaba, tocaba, escribía… así que ela adicou a súa terceira vida a rematala universidade, opositar… mentres cantaba pero pechada na súa habitación mentres tocaba o piano.
Paixón pola Administración local
- Os exames de oposición levárona até o Concello do Carballiño, onde estivo 7 anos, e despois o de Boborás no que foi asesora xurídica, e esta terceira vida, tal como a denomina ela, tróuxoa a Barbadás, onde foi Secretaria Xeral do concello durante 17 anos, até o 22 de febreiro.
- Describe a Administración municipal como “apasionante” porque está en continua evolución “y es la más cercana a las personas, por lo que hay que aprender a improvisar continuamente” para dar solucións a cada cuestión que xurde.
- Nese eido, lembra o comezo da pandemia como “moi intenso” pois estivo nun equipo que traballo durante tres días e noites antes do Decreto de Alarma, para deseñar e redactar un protocolo anti-Covid19 que levou a Barbadás a ser o primeiro concello en telo listo.
- Seguirá coa súa profesión no eido público, no veciño concello de Ourense onde tomará posesión como Secretaria Municipal o día 22 de marzo.
Un bolero foi o seu inicio como cantante
- Na celebración da festa de San Martiño de 2014, con amigos de diferentes idades, Silvia animouse, por fin, a cantar un bolero diante deles, e Daniel Bouzo, un dos asistentes, suxeriulle que se adicara a elo.
- “Comencé a estudiar canto en la escuela municipal de Barbadás , donde el director Juan Manuel Xil Páxaro me propuso un día grabar canciones como recuerdo, y ese fue el regalo que le hice a mi madre ese año”, lembra así o comezo da súa cuarta vida.
- “De ahí salió una primera maqueta “Out for me” con 10 temas que llegaron a emisoras de radio y a muchos oídos”.
- Para Silvia era “divertido” e aceptou cantar para a banda de Ourense “Clepto´s Banda” ca que debutou no café cultural “El Cercano”. As entradas estaban vendidas 15 días antes da actuación “se supone que por el morbo”, e nela ofreceu un repertorio estándar de jazz.
- Admite que lle atrae o que é difícil así que a partir do jazz, ao que sempre volta, comezou a explorar novos eidos como o pop e o desenvolvemento da súa técnica vocal.
- Leva tres discos no mercado, todos de versións en inglés: “In doors”, “Icons” e “Steps”
- Os detalles da súa exploración e melloras son innumerables, pero se ten que escoller cantantes de referencia versionados por ela comeza con Steve Wonder, Areta Franklin, Queen, Morris Albert… tamén admira a Whitney Houston pero non pensa versionala “porque su perfección vocal es insuperable”.
- Nesta cuarta vida, Silvia síntese ben arroupada polo seu equipo formado polo director musical e saxofonista Alfonso Cid, o produtor Sebastián Mato , o xefe de xira Juan Manuel Xil, o publicista Bruno Fernández Roales , o contrabaixo Loren Tabarés e outros músicos para o piano, trombón, trompeta e guitarra.
