27/08/2022

A exposición “Primeira Chis-pa” amosa os traballos artísticos dos doentes de Piñor no taller “Arte Espida” da psicóloga Marta García

Emprendemento en Barbadás

Deivid, Vero, Ana e Ana na inauguración da exposiciíon "Primeira Chis-pa" no ollo ledo neste mes de agosto. Foto Rosa Veiga

Sete doentes do Hospital psiquiátrico de Piñor, en Barbadás, amosan o seu xeito de estar no mundo en diferentes soportes expostos no café Ollo Ledo de Ourense, tras experimentar formas de expresión artística dende o mes de maio, no taller “Arte Espida”, parte dun proxecto global arredor da arte na contorna clínica.

Pacientes de Piñor no taller "Arte Espida" no hospital psiquiátrico, rematando detalles para a exposición "Primeira Chis-pa" inaugurada despois no café Ollo Ledo. xullo 2022. Foto Rosa Veiga
Doentes de Piñor no taller “Arte Espida” no hospital psiquiátrico, rematando detalles para a exposición “Primeira Chis-pa” inaugurada despois no café Ollo Ledo. xullo 2022. Foto Rosa Veiga
  • O taller está supervisado pola psicóloga e historiadora de arte, Marta García, co pulo do equipo psiquiátrico deste servizo sanitario público e sete dos seus participantes aceptaron a proposta de amosar os seus “traballos singulares, de gran forza plástica e diversos, como o grupo de persoas que os fixo”, detalla Marta.

 

  • Ana E. Parro, “Deivid”, Rita Sory, Ana, Antía, Vero, Rosalinda e a propia Marta prepararon a exposición e penduraron a súa obra hai uns días.  Parte deles inaugurárona “por todo o alto”, con lectura de textos e poemas arredor da súa situación persoal e da do colectivo de doentes mentais.

 

  • A apertura contou coa asistencia de gran número de persoas a pesares da onda de calor dos primeiros días de agosto. Estará no Ollo Ledo até o 31 de agosto, en principio, pero poderían ampliarse os días para visitala.

 

  • O taller artístico no que naceu a exposición está na primeira planta do hospital psiquiátrico, no espazo que antes era a recepción, e alí cada martes e xoves “calquera persoa que pasase por algún servizo público de Saúde Mental pode asistir e participar, como fan neste momento varias persoas que estiveron na área de agudos do hospital de Ourense e algunhas residentes do psiquiátrico de Barbadás”, explica Marta.

 

  • Entrada e saída do taller son libres e, de media, participan nel 6 ou 7 persoas, de forma continua ou non, que atopan no espazo artístico variedade de materiais para a expresión artística como plásticos, obxectos para reutilizar (madeira, tea, prendas de roupa, azulexos, chaves…) e as ferramentas necesarias, desde pinceis, até carbonciño, candeas…
Doentes de Piñor no taller "Arte Espida" no hospital psiquiátrico, rematando detalles para a exposición "Primeira Chis-pa" inaugurada despois no café Ollo Ledo. xullo 2022. Foto Rosa Veiga
Doentes de Piñor no taller “Arte Espida” no hospital psiquiátrico, rematando detalles para a exposición “Primeira Chis-pa” inaugurada despois no café Ollo Ledo. xullo 2022. Foto Rosa Veiga

Moito interese e emoción

  • A mostra exposta inclúe obras seleccionadas por cada autor, e tendo en conta o espazo que tiñan para amosalas, puideron escoller 3 ou 4 por cada artista.

 

  • Resultou un conxunto “moi diverso”, con obras sobre bandexas de bar, azulexos salvados dunha reforma, una camisa reutilizada para darlle unha segunda vida, formas de zapateiro para unhas sandalias… e as técnicas que poderán verse son con pinturas acrílicas, cerámica, elementos rotulados, carbonciño, corda…

 

  • A primeira sesión do taller trala inauguración foi “moi emotivo” pois os artistas estaban aínda “emocionados pola acollida”, pola afluencia de xente interesada e porque varios artistas locais que asistiron a apertura, falaron con eles e transmitíronlles parabéns, segundo relata a psicóloga.

 

  • No mesmo mes de agosto, “Arte Espida” comezou a contar con outros artistas (que amosan o seu xeito de traballar con pinceis, velas, carbonciño… e facilitan así un intercambio e contacto real de experiencias e proxectos artísticos.

 

  • Tanto a exposición como o encontro con outros artistas, segundo Marta, supón para todas as persoas participantes “a entrada no eido social e o recoñecemento, e así faise fronte á estigmatización habitual que sofre este colectivo de persoas con algunha doenza mental”.

 

  • O primeiro que acudiu á invitación do taller foi Chinosky que aportou a súa experiencia nos retratos, tema que non se tratara antes no espazo de “Arte Espida” e levou ás persoas participantes a probas, nunha primeira sesión, e a pintar seu autorretrato, na seguinte.

 

  • A segunda invitada está a ser Marita Carmona que propuxo o uso de candeas para afumar os papeis de debuxo e utilizar así o fume como ferramenta para dar cor e textura pouco habituais.
Participantes no taller "Arte Espida" no Hospital Psiquiátrico de Piñor, organizado por Marta García (en pé, centro) durante unha das sesións con Chino Chinosky (en pé, esqu.) e Marita Carmona (en pé, der.) 23/08/22. Foto Rosa Veiga
Participantes no taller “Arte Espida” no Hospital Psiquiátrico de Piñor, organizado por Marta García (en pé, centro) durante unha das sesións con Chino Chinosky (en pé, esqu.) e Marita Carmona (en pé, der.) 23/08/22. Foto Rosa Veiga

O proxecto global arredor do Art Brut

  • A exposición  é a primeira do proxecto de talleres e outras actividades denominado “Arte Espida. Proxecto Global” que ten como obxectivo axudar á normalización da vida dos doentes, a desestigmatizar  a súa doenza e a desenvolver, de xeito libre e non dirixido, xeitos de expresión que non buscan axustarse a estereotipos de beleza, nin a ideais ou realidades concretas.

 

  • O proxecto prevé tamén a posible creación dun museo para as obras históricas do psiquiátrico da súa etapa inicial en Toén y as dos primeiros anos en Piñor. Marta relata que se tamén quérese contar cunha sala temporal para expoñer os resultados do actual taller.
    No mesmo proxecto hai unha parte clínica que supón un estudo da psicoanálise no arte a través de seminarios, e outra parte de catalogación de toda a obra recollida dos vellos talleres de Toén antes do traslado a Piñor hai dez anos”, relata Marta.

 

  • O espazo que antes era recepción hospitalaria énchese agora de paletas, botes, lenzos, agullas e fíos, pezas metálicas, teas, lapis, rotuladores, acuarelas, pinceis, gomas de borrar… que pasarán polas mans dos artistas de Piñor.
Chus Gómez, directora do equipo psiquiátrico do Hospital de Piñor, e Marta Gacía, psicóloga responsable dos talleres "Arte Espida" na primeira planta do hospitla. 23/08/22. Foto Rosa Veiga
Chus Gómez, directora do equipo psiquiátrico do Hospital de Piñor, e Marta García, psicóloga responsable dos talleres “Arte Espida” na primeira planta do hospital. 23/08/22. Foto Rosa Veiga

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1713502800

SINGLE.1713502800