30/01/2023

A familia de Marina mantén aberta a tenda de Loiro hai máis de cen anos

Emprendemento en Barbadás

Marina Iglesias Caeiro, e a esqu. foto familiar ca súa nai Cocepción Caeiro e ela mesma entre o grupo de nenas.. 28/01/2023. fotoRosa Veiga e reproduccion do arquivo familiar cedida por @loironamemoria

 Loiro ten unha tenda que leva no toldo da entrada o nome da propietaria: “tenda da Marina”. Ela está alí mesmo pero, dende hai uns anos son os seus fillos , un xenro e algún neto, os que se fan cargo da única tenda e bar que hai neste momento na localidade.

  • Miguel e Pablo durante a semana, e Evaristo e Teófilo nas fins de semana, ocúpanse da tenda que abriu a súa bisavoa (avoa de Marina) Florentina Macías, no ano 1910.
Teófilo e Evaristo Borrajo Iglesias, fillos de Marina ocúpanse da tenda por quendas co seu irmán Miguel e o seu cuñado Pablo, que están durante a semana. 28/01/2023. Foto Rosa Veiga
Teófilo e Evaristo Borrajo Iglesias, fillos de Marina ocúpanse da tenda por quendas co seu irmán Miguel e o seu cuñado Pablo, que están durante a semana. 28/01/2023. Foto Rosa Veiga

 

  • Marina Iglesias Caeiro naceu alí mesmo, na liña de casas na que sempre estivo a tenda con diferentes propietarias da familia, en dous locais diferentes.

 

  • Contounos que a súa avoa Florentina Macías, cando tiña 15 anos, veu casar a Loiro co seu mozo (irmán do cura da Gudiña) en 1905 “con moitos problemas por ser el de familia de curas, así que a familia dela desherdouna”.

 

  • A avoa Florentina está moi presente para Marina porque criouse con ela e cos seus catro tíos (os outros fillos da avoa). Os seus avós abriron a primeira tenda de Loiro na casa que hoxe fai esquina ca rúa Alvaredo, a que leva cara Loiro de Abaixo.
    Uns anos despois abriu unha segunda tenda en Loiro pero a que se mantén hoxe aberta, é a da familia de Marina. Daquela, Marina e a avoa foron vivir a Ourense para que a moza estudara “para mestra” pero non rematou os estudos e con 15 anos volveu a Loiro, á casa dos seus pais, Teófilo Iglesias e Concepción Caeiro.
Marina Iglesias Caeiro, ca foto da súa avoa Florentina Macía, 1º propietaria da tenda de Loiro. 28/01/2023. foto Rosa Veiga
Marina Iglesias Caeiro, coa foto da súa avoa Florentina Macía, 1º propietaria da tenda de Loiro. 28/01/2023. foto Rosa Veiga

A segunda tenda abriu cos pais

  • Os pais de Marina ampliaran a primeira casa, con outra para vivenda, e unha máis para tenda. Primeiro a tenda foi propiedade de Teófilo, o seu pai, e despois de finar el, seguiu Concepción, a nai de Marina.
    Cando volvín, metinme enseguida no negocio familiar cos meus pais e irmáns, cando era un ultramarinos e algo de bar”. Lembra que facían as comidas para os obreiros da estrada: “moitas patacas con bacallau fixen para eles”, detalla.

 

  • Daquela as comidas ían acompañadas co “viño da casa” que facían o seu pai e o seu avó coas uvas que tiñan en Bentraces: “ ían co carro de vacas para levar os pilóns nos que recollían as uvas e logo ía miña nai a levarlles a comida, a eles e os traballadores que tiñan nas viñas”.

 

  • Hai 13 anos,  e con poucos meses, finaron  a nai de Marina e o seu marido Emilio Borrajo, así que, ela pasou a facerse cargo da tenda que estaba xa na casa que fixeran para vivir (na planta de arriba) e como tenda e bar na planta baixa dende comezos dos 80 do século pasado.

 

  • Marina traballou dende os 15 anos na tenda familiar. “Farteime de traballar e correr, madrugando cada día ás 6 da mañá durante anos para abrir, preparar aos fillos para ir ao cole a Sobrado do Bispo”. O seu marido traballaba e ela contaba coa axuda da súa nai.

 

  • “Hai uns anos dei paso ao meu fillo Miguel e ao meu xenro Pablo. Eu fago actividades diferentes como os obradoiros de memoria ou os que máis me apetecen dos que se organizan por aquí”, relata. Que sexa así por moitos anos e con esa enerxía!

O “pai dos pobres” en Loiro

  • Nesta historia da tenda de Loiro, na memoria de Marina e entre os seus veciños está o nome do pai, Teófilo Iglesias Macías. “Aínda agora volven incluso algúns veciños e veciñas que emigraran hai anos e cóntanme como os axudaba meu pai”.
    Coñecido como o “pai dos pobres” porque dáballe “todo a quen non tiña nada, e cando viñan a tenda para mercar, el dicíalle que xa lle pagaría cando puidese”.

 

  • Nas fotografías que acompañan este artigo está parte da familia de Marina: a avoa Florentina, a súa nai Concepción, os fillos Evaristo e Teófilo que se fan cargo da tenda cada fin de semana. Faltan Miguel e Pablo e alí están, na tenda, de luns a venres.
  • Na foto dos anos 90 vese o interior do actual establecemento, antes de ser reformado. Por iso ten elementos que hoxe xa non están, nin nesa tenda nin en ningunha: o paso do tempo deixou sen uso á cabina (parte vese na esquerda) nin os mostrarios de “casettes” de música.
Tenda de Marina nos primeiros anos 90, antes da reforma. Reprodución de arquivo familiar cedida por @loironamemoria
Tenda de Marina nos primeiros anos 90, antes da reforma. Reprodución de arquivo familiar cedida por @loironamemoria
  • Unha gozada dispoñer destas imaxes dunha realidade diferente… non  hai tanto tempo.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1713283780

SINGLE.1713283780