27/12/2018

A fiestra dos soños

Trotaventos

 

A fiestra dos soños é un libro de poemas ilustrados e musicados dirixidos principalmente ó público infantil, pero que, polas súas características, se fai apropiado para o deleite de toda a familia. É un proxecto non para pequenos nin para adultos, simplemente para soñadores. A fiestra dálle unidade e sentido ás historias que veñen despois, que funcionan de maneira independente, e do mesmo xeito, por seren os temas autónomos e ser a fiestra a que lles dá sentido, a propia fiestra abre unha porta para futuras posibles edicións de máis conxuntos de soños.

 

Lugar: Auditorio da Casa da Cultura Manuel María

Data: Venres, 4 de xaneiro

Hora: 19.00 h

Entrada: Libre (Invitaciones en la Casa da Cultura)

Cultura, Eventos

CONTENT.1711690384

SINGLE.1711690384