06/04/2025

A oficina de obxectos perdidos de Barbadás almacena preto de 300 artigos sen reclamar

Obxectos perdidos
  • Paraugas, frautas, chaves, carteiras ou teléfonos son algúns dos útiles que recalan no posto da Policía Local
  • O Concello conta cunha páxina de Facebook (Obxectos perdidos Barbadás) para facilitar á veciñanza a recuperación dos mesmos

A oficina de obxectos perdidos do Concello de Barbadás, ubicada na sede da Policía Local, almacena actualmente preto de 300 útiles sen reclamar. Entre outros artigos hai paraugas, frautas, chaves de vivendas e de automóbiles, documentos de identidade, lentes, fundas, carteiras e teléfonos móbiles. 

Para facilitar a recuperación dos obxectos, a oficina conta cunha páxina de Facebook (Obxectos perdidos Barbadás), onde se colgan as imaxes dos artigos que chegan á oficina xunto con información sobre o lugar no que apareceron. “Neste caso, as redes sociais fan unha labor fundamental”, resalta Daniel Rey, concelleiro de Emerxencias. 

O goberno local busca dar a coñecer entre a veciñanza este servizo, xa que aínda que acotío se achegan propietarios, son moitos os obxectos que permanecen desde hai meses na oficina. “Moita xente non sabe que pode reclamar estes artigos aínda pasado o tempo”, explica Rey. 

Entregar os obxectos á Policía Local

O concelleiro recorda que é obriga cidadá entregar á Policía Local aqueles útiles que se poidan atopar na rúa, tal e como se recolle no artigo 615 do Código Civil. “É obrigación de quen atopa un obxecto perdido poñelo a disposición das autoridades, non pode gardalo na casa e esperar a que apareza o propietario”, recalca. 

Novas

CONTENT.1747213438

SINGLE.1747213438