09/01/2023

A patronista Paloma, da Valenzá, está no equipo da nova marca española de moda Dame Aprés Paris

Emprendemento en Barbadás

Paloma Ugarte - Patronista - Concello de Barbadás

Paloma Ugarte García non é deseñadora, senón patronista, e non hai moitas persoas que saiban diferenciar ámbolos dous traballos pois o resultado é a mestura de técnica e creatividade no deseño, e da técnica e creatividade nos patróns.

  • “Mi trabajo sirve para poner los pies en el suelo a la persona que diseña, las patronistas hacemos real lo que ellas imaginan”, concreta Paloma para explicalo seu traballo, que polo momento é totalmente manual, aínda que coñece os programas que permiten facelo no eido dixital, máis eficaz e rápido.

 

  • No seu oficio, na variante manual,  precisa tamén imaxinación e moitas ferramentas: regras de tódolos tipos, bolis, lapis, gomas, papel “craft” se o presuposto é pequeno “pero el ideal es el papel que se usa en los plóter  porque además de resistente tiene un grado de transparencia muy útil en mi trabajo”, detalla.

 

  • Mesa grande ou chan e sisómetro  son outras necesidades para desenvolver ben un patrón que resulta de trocar un debuxo imaxinado en pezas perfectamente trazadas para encaixar e facer realidade o debuxo inicial.
    Además escalo las prendas, es decir, después de hacer el patrón y un prototipo de prenda para detectar posibles fallos y rectificar, el proceso termina  con la comprobación final y el dibujo de cada pieza para diferentes tallas”, engade.

 

  • Até o momento desenvolveu proxectos persoais vencellados aos seus estudos: o proxecto de fin de grao de Ilustración da Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Antón Faílde (en Ourense), o proxecto final do ciclo superior en Vigo e a proposta para o concurso  Depoemprende coa que conqueriu o segundo premio Demoday .

 

  • A súa preparación permítelle xa estar na lista de contactos que a EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela ofrece para estudantes que precisen contratar o seu Proxecto de Fin de Grao: “mis prácticas las hice en 2021 con la diseñadora Marisa García de Ourense, con la que aprendí muchísimo tanto en el diseño y patronaje de ropa para invitados a bodas, como en la preparación de esos proyectos finales”.
Paloma Ugarte - Patronista - Concello de Barbadás
Paloma UGarte García, patronista da Valenzá. 08/01/23. foto Rosa Veiga

A casualidade e os contactos

  • Paloma pensa que o mundo do patronaxe feminino está moi desenvolto e coñécense e trabállanse moito as variables posibles na roupa de muller. “En el ciclo de Vigo eché mucho de menos el patronaje para ropa de hombre, y allí no hay tiempo para trabajarlo bien”, lembra.
    Por casualidades de la vida, este aspecto puedo desarrollarlo ahora porque en el cumpleaños de una amiga, conocí a una persona con la que hablé de estas cosas y resulta que conocía a un diseñador al que habló de mí”, relata Paloma, como inicio da nova etapa que está a vivir e que centra as súas enerxías e paixón.

 

  • O deseñador Alexandre F. Dacal foi para Paloma a oportunidade “para hacer patronaje masculino a partir de los conocimientos que tengo de estudiar por mi cuenta”. A maiores, descubriu axiña que a patronista ten unha capacidade de visión espacial que lle permite, decontado, “imaginar como convertir un dibujo en una prenda con todas sus piezas, gracias también a mi formación en confección”.
Paloma Ugarte - Patronista - Concello de Barbadás
Dibuxo co patrón da gabardina de Paloma Ugarte, elaborado por ela sobre o deseño da marca Dame Aprés París”, na colección Simulacrum. 08/01/2023, foto Rosa Veiga

Nova marca Dame Après Paris

  • Hace unos meses estaba en un momento en el que vi que en Portugal hay ofertas de trabajo e hice alguna prueba en Galicia, pero me metí a esta aventura de la marca Dame Après París porque después de 2 desfiles y locales de trabajo, acaba de establecerse cerca, en Ourense, después de descartar local na Valenzá que no se adaptaba a lo que necesitaba, y yo estuve en el equipo del desfile de 2022 ”.

 

  • O último desfile da nova marca española de moda, foi en Madrid o pasado 8 de decembro , con modelos cubertos con monos verdes da cabeza até os pés; vestidos con 11 modelos de pantalóns;  sudadeira, camiseta e gabardina, da nova colección Simulacrum parte dela patroneada por Paloma.
    El primer desfile fue en diciembre de 2021. Los asistentes tuvieron que vendarse los ojos, lo que supuso una muy buena acogida, por su originalidad. Después del segundo todo fue a más, porque se hace un trabajo en taller y después de difusión en redes que yo creo que es muy bueno”, engade.

 

  • Pois moita moita sorte nesa proposta, que boa falta fan ideas novas Paloma!!
    E  moito ánimo para a túa marca propia, cando decidas centrarte nela!!
Paloma UGarte García, patronista da Valenzá. 08/01/23. foto Rosa Veiga

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1714071036

SINGLE.1714071036