05/06/2024

A “patrulla canina” da Garda Civil causa gran expectación na exhibición na que participaron un milleiro de escolares de Barbadás

A unidade canina da Garda Civil, a “patrulla canina” como a identificaron os nenos e nenas, foron os grandes protagonistas da exhibición dos servizos de emerxencias que tivo esta mañá o Paseo dos Amieiros de Barbadás como escenario e na que participaron un milleiro de escolares dos CEIP O Ruxidorio e Filomena Dato e do CPR Luis Vives, ademais de usuarios de Centro Ocupacional As Burgas. Os cans realizaron unha demostración de como detectan substancias estupefacientes e gañaron os aplausos dos asistentes.

Durante toda a xornada, os nenos e nenas tiveron ocasión de coñecer de preto o traballo dos profesionais que velan pola seguridade da cidadanía e incluso de coñecer algúns dos medios que empregan, como detectores de explosivos ou os equipamentos para manipular materiais radiactivos. Os bombeiros despregaron a grúa máis grande da provincia para simular un rescate no piso máis alto dun dos edificios deste entorno da Valenzá no que durante toda a mañá resoaron as sereas.

Un dos momentos máis emotivos foi a homenaxe que se rendeu a José Nicanor e Antonio Rodríguez, dous bombeiros de Ourense que se xubilan despois de 41 anos e 31 anos de traballo, respectivamente. Recibiron un agasallo das mans do alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; da concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de Barbadás, Elisabeth González, e do concelleiro de Emerxencias, Dani Rey.

É o segundo ano que Barbadás organiza esta espectacular exhibición e nesta ocasión aumentaron os medios de seguridade e servizos de emerxencias que se deron a coñecer aos escolares e que foron os seguintes: Garda Civil, Policía Nacional, Consellería de Medio Rural, Bombeiros San Cibrao e Ourense, Protección Civil de Barbadás e Ourense, Policía Local del Barbadás, Axega 112, Patrimonio Natural e a Axencia de Doazón de órganos e Sangue.

Novas

12/11/2026

Éxito de inscricións na II Carreira Popular da Valenzá cun 50% máis de participantes

11/11/2026

Barbadás, moi preto de ti!

Barbadás - App incidencias

Descarga gratuitamente a aplicación Concello de Barbadás en Google Play (Android) ou App Store (iOS).

09/11/2026

Campamento de Nadal 2026

Barbadás-Campamento de Nadal 2026

Prazo de inscrición: do 16 ao 23 de novembro de 2026

CONTENT.1794715490

SINGLE.1794715490