11/06/2021
A piscina de Barbadás abrirá o 1 de xullo e a compra de entradas será a través de unha app
A PISCINA MUNICIPAL DE BARBADÁS ABRE AS SÚAS PORTAS O DÍA 1 DE XULLO
O acceso realizarase mediante compra de entradas ou abonos a través de unha aplicación.
O acceso será mediante un código QR ou mediante unha pulseira para achegar a un lector na mesma entrada
Haberá parcelas acoutadas de grupos, parellas ou individuais
- A piscina abrirá as súas portas o vindeiro 1 de Xullo.
Entre o día 1 e o día 4 incluídos abrirá en horario de 16h a 21h.
A partir do día 5 de xullo ata o día 12 de setembro abrirá en horario de 12h a 15h e de 16h a 21h.
- Será necesario pedir cita previa a través da app que o Concello de Barbadás publicitará nos vindeiros días.
- O pago poderá efectuarse a través da app ou no TPV da piscina. No caso de querer acceder sen reserva, pode que o aforo xa estea completo.
- Non se poderán usar os vestiarios, haberá parcelas acoutadas de grupos, parellas ou individuais.
- O acceso ás instalacións efectuarase mediante compra das entradas ou abonos nunha aplicación, da cal o Concello de Barbadás publicará nos vindeiros días toda a información relacionada.
- O acceso será mediante un código QR ou mediante unha pulseira para acercar a un lector na mesma entrada.
NORMAS DE ACCESO E USO DAS PISCINAS “OS CARRÍS” DE BARBADÁS:
- Os/as usuarios/as e traballadores/as destas instalacións teñen a responsabilidade de previr o contaxio da Covid-19, poñendo os medios oportunos para evitalo prestando atención a todas as medidas recomendadas.
- Todas as instalacións municipais cumpren cos requisitos de limpeza, desinfección e control que establecen as autoridades sanitarias da comunidade autónoma e o municipio.
- O acceso ás instalacións é pola entrada da zona de escaleiras, sempre respectando as medidas de prevención indicadas na cartelería.
- Obrigatorio pasar polo punto de desinfección da entrada, desinfectando mans con hidroxel, alfombra de desinfección para o calzado e control de temperatura.
- O/a bañista utilizará a máscara nos espazos comúns e na entrada e saída das instalacións. Poderá estar sen ela na súa zona acoutada, sempre e cando manteña a distancia de seguridade cos non conviventes e dentro do vaso.
- Non está permitido fumar e comer dentro das instalacións.
- Os vestiarios non estarán habilitados. Soamente se podérá acceder aos baños masculino, feminino e de persoas con mobilidade reducida.
- As zonas de céspede estarán acoutadas e fóra destas deberase respectar a distancia de seguridade de 1,5 metros.
- O/a Socorrista e persoal da instalación controlarán a distancia dos/as bañistas tanto nas zonas de céspede coma nos vasos.
- Haberá unha sala de enfermería habilitada con botiquín a disposición dos bañistas.
A) Inscritos no padrón municipal de habitantes:
1.- Abonos por tempada:
- Familiar, entendéndose pais e fillos menores de 15 anos: 18 euros
- Adultos, maiores de 15 anos: 6 euros
- Menores ata 15 anos: 3 euros
. 2.- Cota diaria, usuarios segundo apartado 1:
- Familiar: 2 euros
- Adultos: 1 euros
- Infantís: 0´50 euros
B) Non inscritos no padrón municipal de habitantes:
- adultos 3 €
- infantís 2 €
- Os/as fillos/as que non teñan DNI deberán poñer como DNI o do pai/nai/titor/a, que os acompañará no momento de acceder ás instalacións.
- As persoas que por algún motivo especial non poidan mercar entradas a través da APP, poderán facelo persoalmente na entrada da instalación sempre e cando quede aforo dispoñible e únicamente con tarxeta de débito ou crédito.
- Reservar e non acudir reiteradas veces, poderá ser motivo de sanción.
- Aínda que o custo destas entradas, no abono sexa 0,00 € será necesario reservar pola APP para controlar o aforo das piscinas.
- Toda a información de como mercar abonos de tempada e entradas diarias para o público farase pública nos vindeiros días.