07/01/2021
A “Queen” das redes sociais en Barbadás
Emprendemento en Barbadás

- Cristina Giráldez Rodríguez trocou o seu pracer por escoller e mesturar prendas de vestir nun negocio que ten local na Valenzá e espazo virtual que non para de medrar.
- Declárase moi fan da música do grupo “Queen” e convencida de que unha muller faise “raíña” ó vestir a súa roupa… así que o nome para a súas tendas (a física e a virtual) tiña que ser o esperado: “Queen&Co Moda”
- Define a súa roupa como “bohemia, espiritual, con texturas y colores combinable para ocasiones diferentes” e véndea dende 2018 na súa tenda. Para o espazo virtual, no que a competencia é “brutal”, localizou blogueiras/modelos con gustos semellantes aos seus, e con elas comezou a traballar para que vistan as súas prendas e as publiquen nas redes sociais.
- Desde 2019 vestiron a súa roupa Cristina Silva de Cádiz, Macarena Silt de Sevilla , Nika Gomes Graça de Porto, Noemí da Costa Brava e algunha outra. Algunha delas conta con máis de cen mil seguidores en Instagram. Tamén Cristina fai de modelo para as súas redes e alí amosa as prendas máis rachadoras, ou as máis coloridas, ou as máis suaves e combinables.
- A pandemia de 2020 permitiulle contar con tempo para poñer ó día a súa “web” da tenda e adaptala á venta en liña. Moito do seu tempo o pasa agora empaquetando pedidos para Portugal, toda España e parte de Europa, onde espera medrar máis, cando mellore o sistema de envío.
- “Trabajar así te ocupa 24 horas los siete días de la semana porque intento que cada pedido salga cuanto antes”, detalla.
- E aínda lle queda tempo para pensar en ampliar a súa oferta de roupa e completala con calzado e elementos para decoración porque outra das súas afeccións é recuperar e reutilizar mobles e complementos vellos.
- Na tenda da Valenzá, a maior parte dos mobles, lámpadas e complementos decorativos, estaban antes na casa do seu avó en Leiro e na de familiares de Cartelle, e agora fan que o local sexa un lugar acolledor e colorido, como a roupa que se pode atopar nela.
Cristina de Queen&Co Barbadás 22/12/2021. Foto Rosa Veiga