09/03/2019

A segunda edición de “Barbadás Outlet” estará composta pola oferta de 25 establecementos

25 ESTABLECEMENTOS CONFORMAN A SEGUNDA EDICIÓN DO “BARBADÁS OUTLET”

Os días 16 e 17 de marzo o Concello de Barbadás organiza este evento que se celebrará no polideportivo municipal

  • A segunda edición do “Barbadás Outlet inclúe a un total de 25 establecmentos comerciais nun amplo abano de propostas de produtos e servizos.

 

  • O evento é organizado dende a Concellería de Comercio e engloba moda, decoración, complementos, doces, deporte e fogar.

 

  • Barbadás Outlet” ofrecerá actividades para os/as máis cativos/as con ofertas de animación infantil. Haberá tamén sorteos de cofres e vales agasallo.

 

  • O evento pretende ser un escaparate de un comercio local dinámico e de calidade con prezos “outlet”.

 

  • O horario de apertura das instalacións do “Barbadás Outlet” será de 11,00-14,30 e de 17,00 a 21,30 horas os días 16 e 17 de marzo.

 

  • Listado de establecementos participantes: Toffe Glass, Carussa Baby, Mía Valle, Liset, Librería A Valenzá, Código Bike, Muebles Gosende, La Cigüeña, Érase dúas veces o Gato con Botas, Twins, Twins Men, Calzados Zocos, Librería Espa, Idunna, Bel Moda e Complementos, O Roupeiro de Uxía, Valenmoble, JM Peluquería Masculina, Kibu Coffe Shop, Armería Jardín, Shinyu, Mimi Flores, Queen&Co, La Pequeña Coqueta e KomodaModa.

 

  • O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca que “esta segunda edición do “Barbadás Outlet” pretende ser un escaparate da oferta do comercio local de proximidade ao tempo que se aspira a dinamizar un sector fundamental na economía de Barbadás”.

 

  • A concelleira de Comercio, Marga Pérez, sinala que “o obxectivo é non só vender produtos, senón crear un espazo atractivo para dar a coñecer as propostas e servizos que ofrecen os diferentes comercios de Barbadás”.

 

  • Máis información en barbadas.es; no Facebook de “Comercio Local de Barbadás”; no Facebook “Concello de Barbadás”. No Twiter “Concello de Barbadás” e no Instagran “concello_barbadas.

Comercio, Eventos, Novas

CONTENT.1713614391

SINGLE.1713614391