19/04/2025

SEMANA DO LIBRO en Barbadás

Contacontos, xogos, obradoiros...

Con motivo da conmemoración do DÍA DO LIBRO, que se celebra internacionalmente o cada  23 de abril, teremos en Barbadás, durante a semana do 21 ao 27 de abril, unha completa axenda de actividades culturais coa literatura como protagonista.
  • Día 21: Contacontos na Biblioteca Municipal ás 10:30 h, dirixido aos nenos e nenas de 3 a 6 anos participantes no Campamento Barbadás Concilia Semana Santa.
    (En caso de inclemencia meteorolóxica este contacontos terá lugar no Espazo Infantil de A Solaina). 

 

  • Día 22: Contacontos na Librería Espa ás 18:30 h
    Contacontos na Librería Valenzá  ás 19:15 h

 

  • Día 23 (Día Internacional do Libro): Xogos na Biblioteca Municipal para alumnado da Escola Infantil ás 10:30 h
    Contacontos na Librería Moraima ás 18:30 h
    Contacontos na Librería Carlin ás 19:15 h

 

  •  Día 24: Obradoiro de collage sobre Carmen Martín Gaite na Biblioteca Municipal ás 17:30 h

 

  • Día 26: Representación de “Castelao. Un corazón á intemperie”, da compañía Fantoches Baj, ás 20:00 horas na Casa da Cultura Manuel María.

Acompáñanos na celebración da maxia dos libros e  na paixón pola lectura!

 

 

Cultura, Educación/Formación, Eventos

CONTENT.1747874755

SINGLE.1747874755