12/11/2022
A U.D. Barbadás loitou arreo mais non acadou o triunfo
O encontro celebrouse hoxe, no estadio de O Couto de Ourense
O Real Valladolid Club de Fútbol fíxose coa vitoria no encontro de primeira volta, que mantivo esta tarde coa U.D. Barbadás
- Os 90 minutos disputados entre a U.D. Barbadás e o Real Valladolid Club de Fútbol, na primeira volta destes dous equipos na competición da Copa do Rei 2022, déronlle o triunfo ao visitante.
- Dous foron os goles asumidos polos branquiazuis, na primeira parte do encontro, pero non esgotaron as gañas e o corazón amosado polos nosos durante todo o partido.
- Destacada actuación do porteiro do Barbadás, Borja Atanes, que non só plantou un cara a cara a Kike Pérez nunha perigosa xogada, senón que foi quen de pararlle un penalti na segunda metade.
- Os seareiros branquiazuis encheron as gradas acompañando, todo o tempo, aos nosos futbolistas, con cantos e mantras que resoaban en todo o estadio.
- Aínda que os puntos foron para o equipo valisoletano, competidor en LaLiga, a U.D. Barbadás, amosou unha vez máis, a paixón, garra e coraxe, que poñen en cada partido. #orgullobranquiazul
- Desta non puido ser pero…. aínda queda a volta!
(Preme na imaxe para acceder á galería de fotos e vídeos do partido)