01/09/2026

A Valenzá acolle mañá a Feira do 2 con postos de alimentación, plantío, roupa e pulpeira

O Concello de Barbadás inicia o mes de setembro coa Feira do 2, a primeira despois da época estival. O Paseo dos Amieiros acollerá desde primeiras horas de mañá unha ampla oferta de postos de roupa, alimentación e plantío, ademais da habitual pulpeira. 

Desde o goberno municipal animan á poboación á acudir á cita mensual, que atrae tanto á veciñanza como á persoas dos concellos colindantes. “É unha boa ocasión para realizar compras, dar un paseo, comer e desfrutar do ambiente da feira”, destacan desde o Concello. 

Novas

CONTENT.1789257595

SINGLE.1789257595