19/07/2022
A VILA DO MAÑÁ: actividade lúdica e didáctica
Terá lugar o 18, 19, 20, 21 e 22 de xullo

Esta actividade lúdica e didáctica está aberta á participación de nenos e nenas con idades entre 5 e 12 anos.
- Os/as participantes elaborarán, con distintos elementos, formas arquitectónicas, creatividades paisaxísticas, artísticas e urbanísticas, coa súa visión dunha cidade de futuro, sostible e respectuosa ambientalmente.
- As rúas, 17 de maio e O Ensino, serán o escenario principal onde se desenvolverán as actividades.
- Outro escenario será baixo a ponte da autovía, ao carón do Parque da Liberdade, onde os días martes, mércores, xoves e venres, 19, 20, 21 e 22 de xullo, de 17:00 a 20:00 h. onde os participantes, desenvolverán unha actividade de Graffiti.
- Máis información nos servizos administrativos da Casa de Cultura Manuel María (Tfno. 988 24 68 85 – Enderezo electrónico: educacion@barbadas.es)
Aínda que non é imprescindible, si é recomendable inscrición no mesmo teléfono ou enderezo electrónico.
- Organiza Concellería de Urbanismo. Colabora, Concellería de Educación.