23/07/2021

A Vila do Mañá en Barbadás: actividade lúdica e didáctica na rúa do Ensino

A actividade será entre os días 26 e o 30 de xullo

A RÚA DO ENSINO, NA VALENZÁ, CONVERTERASE DURANTE UNHA SEMANA NA VILA DO MAÑÁ

Esta actividade lúdica e didáctica está aberta á participación de nenos e nenas con idades entre 5 e 12 anos

Incorporase un taboleiro de xogo con elementos característicos do concello de Barbadás. Será un xogo da oca orixinal e inédito, conformado por aqueles elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos, artísticos e culturais que conforman Barbadás

 

  • Esta mañá presentouse na rúa do Ensino, A Valenzá, o proxecto “A vila do mañá”, unha iniciativa educativa e de divulgación cuxo obxectivo é que dende a infancia e a través do xogo se tome conciencia de todas as escalas do común: a arquitectura, o patrimonio tanxible e intanxible, o urbanismo e a paisaxe.

 

  • Na presentación estiveron Marga Pérez, concelleira de Educación, Sandra González Álvarez, arquitecta; Santiago Rojo Martínez, arquitecto; Victoria Morenza, concelleira de Urbanismo e o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.

  • A finalidade é que dende a disciplina arquitectónica se tome conciencia dunha nova visión da cidade, que é a que nos achegan os que serán os habitantes do mañá.

 

  • “A Vila do Mañá, Barbadás” parte de tomar o concello coma un taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación, transformando o lugar que habita e algo novo, en algo a descubrir se se mira e percorre con outros ollos.

Cartel A Vila do Mañá Barbadás.02

  • Marga Pérez, concelleira de Educación, indica que esta iniciativa lúdica “englóbase no proxecto no que levamos traballando dende hai 5 anos: a Ruta Catalina”.

 

  • Pérez comenta que dende as diferentes áreas (Educación, Mocidade, Urbanismo) pretendemos conseguir crear itinerarios seguros para os/as nenos e nenas que diariamente acoden aos colexios Filomena Dato e O Ruxidoiro.

 

  • Co feito de que “os/as nenos e nenos veñan camiñando favorecemos os desprazamentos sostibles e evitamos o uso de vehículos, reducindo a contaminación”.

 

  • O obxectivo das iniciativas postas en marcha dende o Concello preténdese crear hábitos saudables, favorecer a autonomía e a socialización dos/as escolares, destaca Marga Pérez.

 

  • Durante o curso escolar actívanse unha serie de iniciativas: a semana da Mobilidade, circuítos viarios instalados nos patios dos colexios, o Día da Bici en abril, o concurso da serpe para propiciar desprazamentos sostibles.

 

  • A actividade, que se vai desenrolar entre o 26 e o 30 de xullo, é unha iniciativa que se vai desenrolar na rúa do Ensino. Marga Pérez anticipou esta mañá na presentación da iniciativa lúdica que os/as nenos e nenas “van percibir como é esta contorna e como lles gustaría que fosen os entornos cercanos aos colexios para que tamén as familias deixen de ver estes espazos coma perigosos e hostís”.

 

  • Sandra González, arquitecta coordinadora desta actividade didáctica e lúdica, explica que “A Vila do Mañá” xurde no ámbito da arquitectura. “Nós somos arquitectos/as e cremos que as cidades construíronse co valor do diñeiro como transfondo”.

 

  • González pregúntase “e se cambiamos ese concepto de cidade?. Durante unha semana imos estar en Barbadás para ver a cidade cos ollos dos máis pequenos/as, que eles/elas nos conten como é a súa vila, a súa cidade, ver como actúan, qué elementos son para eles e elas importantes”.

 

  • A coordinadora da Vila do Mañá sinala que “temos un reto complicado, o deseño desta rúa coa infancia e para realizar un proxecto de participación como é este, os/as nenos e nenas téñeno que vivir, que gozar, que transformalo”.

 

  • Dende o día 26 ao 30 de xullo “haberá un contorno seguro, vaise transformar a rúa, cuxa metade estará valada e os nenos experimentarán na zona a través do xogo e o entretemento”, explica Sandra González.

 

  • O que se pretende co proxecto é recuperar a cidade para a cidadanía do futuro.

 

  • A concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza, invitou a nenos e nenas con idades comprendidas entre 5 e 12 anos a participar nesta actividade lúdica que se desenrolará en un entorno seguro.

 

  • Durante a semana que durará a actividade, en horario de mañá e de tarde, a rúa do Ensino “converterase nun campo de experimentación para crear a partir do que aporten os/as nenos/as a vila do mañá”.

 

  • Morenza solicitou a comprensión da veciñanza que “durante uns días verá esta rúa modificada en aras de estudar unha reordenación do tráfico para favorecer espazos máis accesibles, máis humanizados e máis seguros”.

 

  • A rúa do Ensino concentra o tránsito, fundamentalmente a pé, de numerosos nenos/as e familias xa que se aglutinan en poucos metros a escola infantil municipal, o colexio Filomena Dato, a asociación de xubilados Fonval, a policía local, o Servizo de Axuda no Fogar, o Banco Solidario e a Escola de Música.

 

  • Morenza anticipou que a actividade lúdica e didáctica que desenrolen nenos e nenas recollerase nun caderniño.

 

  • A concelleira de Urbanismo destacou tamén a creación de un taboleiro do xogo da oca no que se inclúen elementos patrimoniais, culturais e naturais de todo o concello. No taboleiro “podemos atopar dende unha vista panorámica do pobo máis pequeno do concello, A Cal, ata lugares naturais, igrexas, pazos, capelas, cruceiros, etcétera dos diferentes núcleos, parroquias, pobos e a propia vila da Valenzá.

 

  • Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, comentou que “A Vila do mañá é unha perspectiva de futuro. Nós vivimos nun concello onde a maioría dos seus habitantes están constrinxidos ao lugar no que viven. Do que se trata é de abrir as mentes e espazos para os nenos e nenas, que son os/as que van construír as cidades e pobos do futuro”.

 

  • Valcárcel explicou que “do que se trata é de facer un concello máis humano, máis habitable, próximo e seguro. A través desta actividade lúdica coñezan o seu concello e saiban deseñar o futuro que desexan para o seu entorno máis próximo.

 

  • Para o rexedor o máis destacable da actividade didáctica e lúdica é “ir activando a mente a efectos de que se visualice ese mañá de un xeito máis accesible e que convertamos a nosa vila nun lugar máis seguro”.

 

  • Incorporase un taboleiro de xogo con elementos característicos do concello de Barbadás. Será un xogo da oca orixinal e inédito, conformado por aqueles elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos, artísticos e culturais que conforman Barbadás.

 

  • É importante que dende pequenos coñezamos a valorar o noso hábitat para que o día de mañá sexamos conscientes da súa valía e saber coidalo.

 

  • Unha parte importante do proxecto é a divulgación do valor artístico e histórico onde se desenrolen os talleres. Para elo créase un caderniño, “Dálle cor a Barbadás”, con estas pezas fundamentais na historia.
    • Os/as habitantes do mañá descoñecen na súa totalidade a súa vila ou cidade.
    • A conexión natural entre os/as nenos/as e o seu hábitat está diluída. Trasládanse en coche e descobren a cidade a través dunha xaneliña.
    • As cidades ou as vilas son un medio hostil para eles/elas, a súa liberdade vese reducida a certos recintos seguros e controlados por adultos.
    • Estamos a transmitirlles a mensaxe do medo.

 

  • A Vila do Mañá é unha oportunidade para que o/a neno/a descubra que o seu propio movemento forma parte da cidade en si porque a cidade é un espazo de xogo.

 

  • Os/as nenos e nenas terán a oportunidade de utilizar os elementos da cidade , os elementos construídos, as superficies polas que pode gatear ou trepar.

 

  • O xogo é unha actividade fundamental para o desenvolvemento dos nenos e nenas.

 

  • A actividade lúdica considera os espazos públicos coma un espazo común de aprendizaxe e construción colectiva no que a infancia tamén debe ter cabida.

 

  • Este proxecto pretende dar voz aos que normalmente non a teñen: os nenos e nenas, buscando estimular unha actitude crítica e impulsar o seu desenvolvemento coma unha cidadanía activa, pois eles e elas serán os responsables das cidades, vilas e pobos do futuro.

A túa vila do mañá en Barbadás

Novas

CONTENT.1733597516

SINGLE.1733597516