24/03/2025
A X Gala Solidaria de Barbadás recada máis de 2.000 euros para Por Eles TEA

- O auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense congregou a máis de 300 persoas que gozaron das dúas horas de concerto da Escola de Música Municipal de Barbadás
O Concello de Barbadás celebrou este sábado o X Festival Solidario, un evento que combina música e conciencia social. Máis de 300 persoas se achegaron ao auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Ourense para gozar das dúas horas de concerto do alumnado e profesorado da Escola de Música Municipal de Barbadás.
Os beneficios recadados, máis de 2.000 euros, foron destinados integramente á asociación Por Eles TEA Ourense, que traballa na atención, apoio e acompañamento de 40 familias da provincia.
Na gala participan 130 persoas da Escola de Barbadás, entre alumnado e docentes, que renderon conta do seu talento. Na cita houbo diversas sorpresas, como a actuación conxunta de mestres e alumnos ou a historia musicada de Don Quijote de la Mancha.
Barbadás Quéreo Viveo, Educación/Formación, Escola de Música, Novas