16/04/2020
A Xunta crea unha canle de comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade
A Consellería de Medio Rural pon en funcionamento unha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia co fin de facer fronte á perda de ingresos de persoas agricultoras e gandeiras do sector primario con motivo da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que decreta a suspensión da apertura dos equipamentos e actividades de hostalaría e restauración e que, xunto coa prohibición da realización de mercados tradicionais nos concellos de Galicia establecida no artigo 2.1 da Orde da Consellería do Medio Rural do 23 de marzo de 2020, supoñen a imposibilidade de empregar esas canles habituais para a comercialización deses produtos.
A canle alternativa funcionará mediante a posta en contacto por parte da Consellería do Medio Rural dos agricultores, gandeiros e industrias de transformación de produtos agrogandeiros que se adhiran a ela cos establecementos de comercialización a que se refire a orde.
A rede recibe o nome de Mercaproximidade e a súa instrumentación e funcionamento será a través da páxina web da Consellería do Medio Rural e do correo eléctronico previsto na seguinte orde.
DOG A Xunta crea unha canle de comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade