15/02/2023

Aberta a votación en liña para elixir o MECO máis creativo

Do 15 ao 19 de febreiro de 2023

Votación concurso Mecos - Entroido 2023 - Concello de Barbadás

Dende hoxe, 15 de febreiro, e ata o domingo, 19 de febreiro, estará habilitada a plataforma de votación en liña para elixir o MECO máis creativo do Entroido de Barbadás.

  • Unha vez pechado o prazo de inscricións para participar no Concurso do Mecos, hoxe aperturouse o formulario de votación, para que o público elixa cal será a creatividade  que acade o primeiro posto, con 300 € de premio. Os que ocupen o  segundo e terceiro lugar,  faranse con 200 € e 100 €, respectivamente.

 

 

  • O Concurso de Mecos é unha actividade máis do amplo programa, que o Concello de Barbadás, pon en marcha para celebrar o Entroido, a través da súa Concellería de Cultura. Ver programa.

 

 

 

Barbadás Quéreo Viveo, Novas

CONTENT.1711713398

SINGLE.1711713398