26/02/2019
Aberto o prazo de inscrición dos cursos “Fórmate”
A ÁREA DE EDUCACIÓN ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN DOS CURSOS “FÓRMATE”
As solicitudes deben presentarse no Rexistro da Casa do Concello (Barbadás pobo) ou nas Oficinas Municipais (Rúa do Viso, 2, A Valenzá)
- Os cursos son gratuitos e están dirixidos a persoas maiores de 16 anos.
- Son total de 6 cursillos englobados en diferentes áreas: manipulación de alimentos, aplicacións para móbiles e tablets, primeiros auxilios, cociña saudable, macramé, e monitor de tempo libre.
- O prazo de inscrición abriuse onte día 25 e remata 1 semana antes do comezo de cada curso.
- A inscrición nos cursos pode facerse tamén a través da sede electrónica: barbadas.sedeelectronica.gal.
- Tamén se pode efectuar a inscrición a través da seguinte dirección de e-mail: educación@barbadas.es.
- A información relativa aos cursos “Fórmate” pode consultarse telefónicamente na Área de Educación (988 246885) ou a través do correo electrónico educacion@barbadas.es.
- Os cursos están organizados pola Concellería de Educación, Formación e Comercio.
1. MANIPULADOR DE ALIMENTOS
Iste curso ten unha duración de 4 horas
Datas de realización a elexir entre: – Martes, 12 de marzo: 16 a 20h
– Martes 28 de maio: 10 a 14 h
Realizaráse nas instalacións municipais do Parque da Solaina (A Valenzá)
O número de prazas ofertadas é de 25
2.APLICACIÓNS PARA MÓVILES E TABLETS
Iste curso terá unha duración de 12 horas
Nas seguintes datas: 6, 7, 13, 14, 20, 21 de marzo en horario de 10 a 12h
Terá lugar en Fonval (A Valenzá)
O número de prazas ofertadas é de 25
3.PRIMEIROS AUXILIOS
Iste curso terá unha duración de 4 horas
O xoves 11 de abril, en horario de 10 a 14h
Realizaráse en Fonval (A Valenzá)
O número de prazas dispoñibles é de 25
4.COCIÑA SAUDABLE
A duración do curso é de 12 horas
Terá lugar os sábados 4, 11, 18 e 25 de maio en horario de 10 a 13h
Terá lugar en Fonval (A Valenzá)
Ofértanse para este curso 15 prazas
5.MACRAMÉ
Duración diste curso: 60 horas
Data de comezo: luns, 25 de marzo
Realizaráse os luns, mércores e venres de 10 a 12h
Terá lugar en Fonval (A Valenzá)
Ofértanse 20 prazas
6.MONITOR DE TEMPO LIBRE (TÍTULO OFICIAL)
A duración diste curso é de 350 horas (200 de teoría + 150 de práctica)
O comezo do curso será o luns 25 de marzo
Realizaráse de luns a xoves de 10h a 14h
Terá lugar nas instalacións municipais do Parque da Solaina (A Valenzá)
O número de prazas ofertadas é de 25