10/03/2022

Aberto o prazo para a adhesión de empresas turísticas ao bono turístico #QuedamosenGalicia2022

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución da Axencia de Turismo de Galicia  pola que se abre o prazo para a presentación das solicitudes das empresas turísticas interesadas en participar na nova convocatoria do Bono Turístico #QuedamosenGalicia2022.

Poderán solicitar a súa adhesión as empresas que dispoñan de aloxamento -excepto vivendas de uso turístico- e as axencias de viaxe que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

Ademais, a convocatoria para que os usuarios poidan pedir as súas tarxetas está previsto que comece este mesmo mes.

Dende o 9 demarzo e ata o 1 de decembro as empresas turísticas poderán formalizar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Xunta https://sede.xunta.gal como fixeron na convocatoria do ano pasado case 1.200 entidades. Os aloxamentos e axencias de viaxe que xa participaron no programa o ano pasado terán que volver inscribirse coas condicións requiridas.

Entre os requisitos esixidos, todas as empresas deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) e tamén na plataforma Turespazo (https://turespazo.turismo.gal ).

As ofertas específicas das empresas adheridas poderán presentarse na plataforma Turespazo e estarán tamén dispoñibles na páxina web de Turismo de Galicia.

Data Adxuntos
10/03/2022 Bono turístico 2022- ahesión empresas turísticas PDF [646 KB]

Novas, Promoción económica, Turismo

CONTENT.1695708856

SINGLE.1695708856