21/05/2018

Aberto o prazo para inscribirse nos campamentos de verán dos pobos de Barbadás

O CONCELLO DE BARBADÁS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CAMPAMENTOS RURAIS DE VERÁN

Baixo a denominación “Verán de troula” os pobos de As Lamas, Barbadás, Sobrado do Bispo, Bentraces, Loiro, Finca Fierro, Parada, Piñor e O Fonsillón teñen a opción de solicitar campamentos, que se celebrarán durante o mes de xullo

Os/as destinatarios destes campamentos serán nenos/as entre 5 e 12 anos

  • O obxectivo destes campamentos enmarcados no “Verán de troula” é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante a tempada estival.

 

  • O ámbito de aplicación dos campamentos abrangue os seguintes pobos: Piñor, Parada, O Fonsillón, As Lamas, Barbadás, Loiro, Sobrado, Bentraces e Finca Fierro.

 

  • A través de actividades educativas e lúdicas ofrecerase a nenos e nenas unha opción de tempo libre positiva, alternativa e divertida.

 

  • A finalidade será “fomentar nos/nas nenos/as actitudes e valores positivos, tales como a cooperación, a solidariedade e o respecto mútuo, creando un entorno educativo durante a época estival”, explica Marga Pérez, concelleira de Educación, área dende a que se organizan os campamentos rurais.

 

  • As prazas ofertaranse de maneira individual en cada parroquia e cada neno/a só poderá inscribirse en 1 campamento.

 

  • O requisito para que o campamento se desenrole será un número mínimo de incricións, é dicir, 12 nenos/as.

 

  • O número máximo de participantes por campamento será de 20 nenos/as.

 

  • A orde de selección de nenos/as será por rigorosa orde de entrega de solicitude.

 

  • Se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, terán preferencia os/as nenos/as empadroados/as no concello de Barbadás e as solicitudes múltiples, é dicir, cando os/as solicitantes sexan 2 ou máis irmáns/irmás, sobre as individuais.

 

  • Os/as solicitantes non admitidos/as pasarán a formar parte da lista de espera, en tanto que as solicitudes fóra de prazo estarán suxeitas á existencia de prazas libres.
  • Na lista de espera terán preferencia os/as solicitantes excluídos/as dos campamentos de verán do Espazo Infantil.

 

  • Prazo de pre-inscrición: entre o 21 e o 29 de maio.

 

  • Publicación de listas provisionais de admitidos/as e de espera: 31 de maio.

 

  • O prezo do campamento será de 25 euros. O pago para os/as admitidos/as deberá facerse efectivo entre os días 1 e 7 de xuño e debe ser acreditato nas Oficinas Municipais da Valenzá.

 

  • O chamamento para a lista de espera será por teléfono.

 

  • Causas de desestimento e anulación da iscrición na lista de espera: non aceptación da proposta, non recepción de contestación telefónica nun prazo de 48 horas e a non realización do pago.

 

  • As listas provisionais e definitivas serán publicadas nos taboleiros de anuncios das dependencias municipais e na páxina web do Concello: barbadas.es.

 

 

  • Os campamentos de verán comezarán o día 2 de xullo e rematarán o 31 de xullo.

 

  • Horario: luns a venres entre as 10,00 e as 14,00 horas.

 

  • Os campamentos “Verán de troula” desenrolaranse nos locais sociais dos pobos que acaden un número mínimo de participantes (12 persoas).

 

Bases Campamentos de Verán 2018

Solicitude individual

Solicitude multiple

Educación/Formación, Novas

CONTENT.1711642317

SINGLE.1711642317