15/08/2020
Acordo entre Comunidades Autónomas e Ministerio de Sanidade para controlar a transmisión do COVID-19

AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E O MINISTERIO DE SANIDADE ACORDAN POR UNANIMIDADE ACTUACIÓNS COORDINADAS PARA CONTROLAR A TRANSMISIÓN DO COVID-19
HOSTALARÍA:
- Horario máximo de apertura ao público ata a 1,00 DA MADRUGADA, sen que se poidan admitir novos clientes a parir das 00,00 horas.
- En locais de hostalaría, restauración, terrazas, bares/restaurantes debe garantirse unha distancia mínima interpersoal de 1,5 metros no servizo en barra e entre mesas, con un máximo de 10 persoas por mesa.
- Peche dos establecementos de ocio nocturno, discotecas, bares de copas ou salas de baile.
PROHIBICIÓN DE FUMAR na vía pública e espazos públicos cando non se poida manter a distancia de seguridade mínima de polo menos 2 metros.
CRIBADOS POR PCR:
- Realización de cribados por PCR nos entornos nos que poida expandirse a transmisión (barrios ou edificios de vivendas onde se detecten) e tamén nas poboacións de risco.
OUTRAS MEDIDAS:
- En actividades e eventos que supoñan presenza multitudinaria de público, as Comunidades Autónomas deben realizar unha avaliación de riscos e autorizarán en base a esta avaliación.
- Intensificaranse os controis para evitar o consumo de alcohol non autorizado por parte de grupos na vía pública.
RECOMENDACIÓNS
- Limitar os encontros sociais aos grupos de convivencia estable.
- Encontros de NON MÁIS DE 10 PERSOAS.
- En centros sociais e residencias recomendase facer PCR de xeito periódico para asegurar que non hai ningún traballador/a con positivo.
RESIDENCIAS DE PERSOAS MAIORES E OUTROS CENTROS SOCIOSANITARIOS:
Reforzar as medidas de protección das residencias de persoas maiores e outros centros sociosanitarios:
- Realizar PCR ás persoas que ingresen nestes centros, así coma aos/ás traballadores/as que regresen de vacacións, permisos e aos/ás novos/ás traballadores/as que se incorporen.
- Limitar as visitas aos/ás residentes a 1 PERSOA AO DÍA, DURANTE 1 HORA. Garantirase que as visitas sexan de forma escalonada.
- Limitar ao máximo a presenza dos residentes fóra dos centros.
As Comunidades Autónomas e o Goberno acordaron esta serie de medidas de prevención e contención do COVID-19.
Para a súa entrada en vigor as CC AA deberán aprobar as disposicións legais correspondentes.
Estas medidas céntranse no control da transmisión nos ámbitos que actualmente son a orixe dos brotes epidémicos de maior impacto e en controlar a transmisión comunitaria asociada a esos brotes.
O obxectivo é protexer a saúde do conxunto da cidadanía.