20/05/2024
Actividades de lecer 2024-2025
Solicitudes do 20 de maio ao día 31 de maio de 2024
As Concellerías de Cultura e Participación Veciñal de Barbadás presentan unha variada gama de actividades, para o próximo curso 2024/2025, cun enfoque no enriquecemento creativo, a expresión artística e o benestar físico:
- Obradoiro de Manualidades
Este taller brindará aos/ás participantes a oportunidade de explorar a súa creatividade coa elaboración de obxectos decorativos, agasallos personalizados …
Dirixido a poboación adulta, maiores de 18 anos. - Clases de Pintura
Para mergullarte no mundo da pintura a través de técnicas e estilos diversos, permitíndote explorar e desenvolver o teu talento artístico nun universo de cores que che inspirarán.
Dirixidas a poboación adulta, maiores de 18 anos. - Ximnasia de Mantemento
O benestar físico e mental fusiónanse nas nosas clases de ximnasia de mantemento. Deseñadas para todas as idades e niveis de condición física, estas sesións axudarante a manter un corpo activo e áxil nun ambiente motivador e positivo. Poñerse en movemento nunca foi tan divertido!
Dirixido a poboación adulta, maiores de 18 anos. - Aula de teatro
Un espazo para cultivar o talento e a creatividade de cada participante, onde a expresión artística e o crecemento persoal atópanse.- Aula de teatro infantil de 6 anos ata 11 anos (deberán cumprir os 6 anos no ano 2024)
- Aula de teatro xuvenil: de 12 anos ata 17 anos.
- Aula de teatro para persoas adultas: a partir de 18 anos.
LUGARES DE DESENVOLVEMENTO
As actividades de manualidades e ximnasia de mantemento desenvolveranse en :
– Local social de Loiro
– Local social de Sobrado
– Local social de Bentraces
– Local social de Barbadás
– Local social das Lamas
– Local social do Fonsillón
– Local social da Finca Fierro
– Local social de Parada
– Local social de Piñor
– Local social de Santa Uxía
– Rúa do Ensino, 5 – A Valenzá
A actividade de pintura, desenvolveranse no local municipal da Rúa do Ensino nº 5 (A Valenzá).
A aula de teatro, levarase a cabo na Casa de Cultura Manuel María de A Valenzá.
PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo inicial de presentación de solicitudes será dende o día 20 de maio de 2024 ata o día 31 de maio (ámbolos dous incluídos), no Rexistro do Concello de Barbadás (presencial no Concello ou nas oficinas municipais da Valenzá, e electrónico a través da sede electrónica municipal).
Bases, máis información e formulario de solicitude, nos arquivos que se achegan.
Data | Adxuntos |
---|---|
20/05/2024 | Anexo I - modelo de solicitude para rexistro presencial PDF [158 KB] |
20/05/2024 | Bases actividades de lecer 2024-2025 PDF [214 KB] |
20/05/2024 | Anexo II - modelo autoliquidación PDF [116 KB] |