11/06/2025
Actividades de LECER 2025-2026
Solicitudes do 5 ao 30 de maio de 2025.

As Concellerías de Cultura e Participación Veciñal de Barbadás presentan unha variada oferta de actividades de lecer, para o próximo curso 2025/2026, promovendo a socialización, o enriquecemento creativo, a expresión artística e o benestar físico:
- Obradoiro de Manualidades
Este taller brindará aos/ás participantes a oportunidade de explorar a creatividade coa elaboración de obxectos decorativos, agasallos personalizados …
Dirixido a poboación adulta, maiores de 18 anos.
As actividades de manualidades desenvolveranse en :
– Local social de Loiro
– Local social de Sobrado
– Local social de Bentraces
– Local social de Barbadás
– Local social das Lamas
– Local social do Fonsillón
– Local social da Finca Fierro
– Local social de Parada
– Local social de Piñor
– Local social de Santa Uxía
– Rúa do Ensino, 5 – A Valenzá
- Clases de Pintura
Para mergullarte no mundo da pintura a través de técnicas e estilos diversos, permitíndote explorar e desenvolver o teu talento artístico nun universo de cores que che inspirarán.
Dirixidas a poboación adulta, maiores de 18 anos.
A actividade de pintura desenvolverase no local municipal da Rúa do Ensino nº 5 (A Valenzá).
- Ximnasia de Mantemento
O benestar físico e mental fusiónanse nas nosas clases de ximnasia de mantemento. Deseñadas para todas as idades e niveis de condición física, estas sesións axudaran a manter un corpo activo e áxil nun ambiente motivador e positivo.
Poñerse en movemento nunca foi tan divertido!
Dirixido a poboación adulta, maiores de 18 anos.
As actividades de ximnasia de mantemento desenvolveranse en :
– Local social de Loiro
– Local social de Sobrado
– Local social de Bentraces
– Local social de Barbadás
– Local social das Lamas
– Local social do Fonsillón
– Local social da Finca Fierro
– Local social de Parada
– Local social de Piñor
– Local social de Santa Uxía
– Polideportivo Municipal (A Valenzá)
- Aula de teatro
Un espazo para cultivar o talento e a creatividade de cada participante.- Aula de teatro infantil de 6 anos ata 11 anos (deberán cumprir os 6 anos no ano 2025)
- Aula de teatro xuvenil: de 12 anos ata 17 anos.
- Aula de teatro para persoas adultas: a partir de 18 anos.
Esta actividade levarase a cabo na Casa de Cultura Manuel María de A Valenzá.
PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo inicial de presentación de solicitudes será do día 5 de maio ata o día 30 de maio
de 2025 (ambos inclusive), no Rexistro do Concello de Barbadás (presencial no Concello ou nas oficinas municipais da Valenzá, e electrónico a través da sede electrónica municipal).
PREZO E FORMA DE PAGO
O prezo das actividades, será de:
- 20€ para as actividades de ximnasia de mantemento, manualidades e pintura,
- e 24€ para a actividade de teatro, pola anualidade 2025-2026
O pagamento deberá realizarse mediante ingreso ou transferencia bancaria o número de conta / IBAN: ABANCA (A VALENZÁ): ES21 2080 5342 5431 1000 9242 (*Indicando como concepto a actividade de que se trate (manualidades, ximnasia, pintura ou teatro) e o nome e apelidos da persoa participante.)
Bases, máis información e formulario de solicitude, nos arquivos que se achegan.
LISTADOS PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS/EXCLUÍDAS
Data | Adxuntos |
---|---|
11/06/2025 | Bases actividades de lecer PDF [240 KB] |
11/06/2025 | Anexo - modelo de solicitude PDF [158 KB] |
11/06/2025 | Modelo autoliquidación PDF [116 KB] |