08/10/2022
Actividades de promoción da saúde no concello de Barbadás
O CONCELLO DE BARBADÁS PROGRAMA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DA SAÚDE
A partir do día 17 de outubro darán comenzo as clases para o mantemento da saúde no medio rural
- O Concello de Barbadás programa actividades de promoción da saúde no medio rural.
- As clases de mantemento pretenden redundar na mellora da saúde das persoas adultas nas diferentes parroquias do concello de Barbadás. Tamén se programa actividade para as persoas da Valenzá e desenrolarase no polideportivo municipal.
- As actividades serán impartidas en todos os locais do concello, serán dúas clases semanais de 45 minutos de duración cada unha.
- O obxectivo desta actividade é impulsar o mantemento da saúde das persoas adultas no medio rural.
- Para realizar a actividade precisase un mínimo de 5 persoas e máximo de 15.
- Listaxe de lugares, horarios e periodicidade das clases:
PARADA: luns e mércores 10:00 – 10:45
SOBRADO: luns e mércores 16:00 – 16:45
BENTRACES: luns e mércores 17:00 – 17:45
LOIRO: luns e mércores 18:00 – 18:45
FONSILLÓN: luns e mércores 19:15 – 20:00
A VALENZÁ (polideportivo) : martes e xoves 10:15 – 11:00
BARBADÁS: martes e xoves 17:15 – 18:00
LAMAS: martes e xoves 18:15 – 19:00
FINCA FIERRO: martes e xoves 19:15 – 20:00
PIÑOR: martes 16:15 – 17:00
venres 17:30 – 18:15
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a importancia deste tipo de actividades para a promoción da saúde e para dinamizar o medio rural promocionando hábitos”.