04/03/2024

Actividades formativas Abril 2024

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación organiza durante o mes de abril un conxunto de actividades formativas.

  • CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

As persoas participantes van coñecer as nocións básicas de hixiene e  manipulación de alimentos.

Data: 4 de abril

Horario: De 16:00 a 20:00 h

Lugar: CET Barbadás

  • CURSO DE COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES

O alumnado adquirirá os coñecementos básicos sobre as técnicas para realizar os coidados diarios de persoas dependentes e primeiros auxilios

Datas: Do 15 ao 19 de abril

Horario: De 16:00 a 20:00 h

Lugar: CET Barbadás

  • CURSOS DE COCIÑA 

As persoas participantes aprenderán as principais técnicas culinarias, aplicando a creatividade na preparación e presentación dos pratos e priorizando o uso dos produtos típicos das hortas da zona, dos alimentos KM 0.

Van impartirse 2 edicións deste curso

EDICIÓN FONVAL

Datas: 2,9,16,23 E 30 de abril

Horario: De 17:00 a 20:00 h

Lugar: Local Fonval ( A Valenzá)

EDICIÓN LOIRO

Datas: 5,12,19 e 26 de abril

Horario: De 16:00 a 20:00 h

Lugar: Local Social Loiro

Inscricións  para todos os cursos:

988 360 413

cet@barbadas.es

TODOS OS CURSOS TEÑEN PRAZAS LIMITADAS

Cursos, Promoción económica

CONTENT.1721299967

SINGLE.1721299967