24/10/2023

Actividades infantís Samaín, para levar algún sustiño e divertirse!

26, 27, 30 e 31 de outubro

Banner Barbadás Samaín 2023

O misterio está no aire e as risas terroríficas a piques de comezar.

Con motivo do Samaín, no Espazo Infantil teremos:

Para socios/as do Espazo Infantil:

  • Unha serie de obradoiros, – de decoración terrorífica, de cocina temática, de decoración de cabazas- para deixar voar a imaxinación e a creatividade. As prazas son limitadas. Reserva en espazoinfantil@barbadas.gal.

Para todos os públicos:

  • Actividade “Truco e trato”, na que os establecementos comerciais que participan, convidarán a chuches, aos cativos e cativas que os visiten.

 

  • Ruta nocturna terrorífica, pola Valenzá Vella, con baile e invitación a bolo preñado, para os disfrazados.

 

Preparados para uns días de celebración do Samaín cheos de diversión e “sustos”?

Programa de Samaín 2023 en Barbadás

2023-Barbadás-A3-Truco ou trato

Cultura, Eventos

CONTENT.1716140505

SINGLE.1716140505