02/10/2025
Actividades de lecer, comezo en outubro.
en distintas localidades do municipio

O Concello pon en marcha neste mes de outubro, a través das concellerías de Cultura e Participación Veciñal, as actividades de Ximnasia de mantemento, Manualidades, Pintura e Teatro, que se desenvolverán en distintas localidades do municipio.
Estas actividades están pensadas para fomentar o benestar, a creatividade e a participación veciñal, e están dirixidas a persoas de todas as idades.
Consulta os horarios e lugares nas imaxes que se achegan a esta publicación.
Anímate a participar e goza dunha programación variada e enriquecedora preto da túa casa!
Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Cursos, Medio Rural, Participación cidadá



