09/10/2021
Actividades nos locais sociais: Obradoiro de MANUALIDADES
HORARIO

- A Concello de Barbadás, dentro do programa de actividades da Concellería de Servizos Sociais,Sanidade e Participación Veciñal, organiza un obradoiro de Manualidades, dirixida a maiores de 18 anos, que se desenvolverán en:
- Local social de Loiro.
- Local social de Sobrado.
- Local social de Bentraces.
- Local social de Barbadás.
- Local social das Lamas.
- Local social O Fonval.
- Local social de O Fonsillón.
- Local social da Finca Fierro.
- Local social de Parada.
- Local social de Piñor.
- Local social de Santa Uxía.
- As prazas ofertadas serán de 6 persoas por local.
O número de prazas ofertarase segundo o indicado nas disposicións aplicables que a administración autonómica e estatal dispón en relación coa apertura dos locais sociais e a distribución de espazos dentro dos mesmos, con motivo da incidencia do COVID-19.
Para que se leve a cabo a actividade lúdica será preciso un número mínimo de 5 persoas.
- As actividades comezarán en outubro do 2021 e rematarán en maio do 2022.
En horario de tarde.
O horario determinarase no momento da aprobación dos listados definitivos
- O prazo para a presentación de solicitudes será dende o día 14 de setembro ata o día 21 de setembro de 2021 (ámbolos dous inclusive).
A solicitude debidamente cumprimentada deberá presentarse por unha das seguintes formas:- De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal.
- De forma presencial no rexistro (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168).
- En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
- Os listados provisionais publicaranse o día 22 de setembro e os definitivos o día 24 de setembro ná páxina web do Concello de Barbadás e nos taboleiros de anuncios do Concello e das Oficinas Municipais A Valenzá.
- A actividade “Manualidades” é de balde, estando subvencionada polo Concello de Barbadás.
** Primera noticia Publicada el: 13 Sep de 2021 @ 17:04
Data | Adxuntos |
---|---|
09/10/2021 | BASES REGULADORAS MANUALIDADES 2021-2022 PDF [126 KB] |
09/10/2021 | SOLICITUDE DE INSCRICION DE MANUALIDADES (autorellenable) PDF [55 KB] |
09/10/2021 | LISTADO PROVISIONAL MANUALIDES 2021-2022 PDF [242 KB] |
09/10/2021 | LISTADO DEFINITIVO MANUALIDADES PDF [244 KB] |
09/10/2021 | HORARIO MANUALIDADES PDF [42 KB] |