08/03/2022
Acto conmemorativo do Día Internacional da Muller en Barbadás protagonizado por alumnado do colexio Luis vives
ALUMNADO DO CENTRO EDUCATIVO LUIS VIVES PROTAGONIZA O ACTO CONMEMORATIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN BARBADÁS
- Alumnado do centro de ensino Luis Vives protagonizan a conmemoración do Día Internacional da Muller en Barbadás.
- O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, realiza unha introducción destacando que “os nenos e nenas, así como a xuventude en xeral son moi importantes en canto que son o futuro da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres”.
- O alumnado do colexio Luis Vives realizaron unha lectura de textos reivindicativos da importancia da muller.
- No acto conmemorativo do Día Internacional da Muller de Barbadás tamén colaborou a Escola Municipal de Música.
- O director da Escola de Música, Xohán Manoel Xil Páxaro, interpretou dúas pezas musicais en homenaxe ás Mulleres.
- As/os alumnas/os do centro de ensino Luis Vives repasaron no acto conmemorativo do Día Internacional da Muller os fitos acadados a prol da igualdade.
- A consecución en 1931 do voto femininino grazas a Clara Campoamor.
- A progresiva igualdade de xénero no mundo da música, da literatura e do arte en xeral.
- A igualdade no mundo dos xogos/xoguetes.
- A progresiva incorporación da mullere ao mundo laboral.
- Procederon tamén á lectura dunha poesía en castelán da poetisa Felisa Nogueira Barbosa, profesora do colexio Luis Vives. Unha poesía con un profundo contido de reivindicación feminista.
- O acto conmemorativo do Día Internacional rematou co derrube do muro simbólico da intolerancia, do machismo e da desigualdade.