18/03/2019

Actuación da Maga Fani Triana

Auditorio Municipal da Casa da Cultura Manuel María

Venres 22 de Marzo ás 19h. Actuación da Maga Fani Triana co espectáculo “Fantasía dos Sentidos”

Unha viaxe fabulosa a través dos sentidos. Ilusións con cordas, cadeiras, xornais, líquidos, mentalismo, participación do público, humor e moito máis.

Aderezado todo cun guión cargado de situacións inesperadas, orixínase unha montaña de sorpresas imprevisibles.

Un espectáculo para ollar e degustar. Se queres experimentar sensacións fascinantes, pódelo facer nos minutos de “Fantasía dos Sentidos”.

Entrada libre ata completar aforo.

Espectáculo para todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1714064259

SINGLE.1714064259