01/12/2020

Actuación da QUINTA DO CUADRANTE

Presenta: O EMPAPELADO AMARELO un espectáculo teatral unipersoal, protagonizado por Melania Cruz, que parte do relato autobiográfico homónimo publicado en 1891 pola autora norteamericana Charlotte Perkins Gilman.
Sábado 5 de Decembro ás 20h. / Domingo 6 de Decembro ás 19h.
Sinopse:
Nel narra, en primeira persoa, as perniciosas consecuencias dun tratamento médico que lle fora diagnosticado por un coñecido doutor da época para combater o estado melancólico e depresivo no que se atopaba a raíz do nacemento da súa primeira filla.
Este tratamento consistía basicamente na eliminación de todo tipo de actividade intelectual e creativa, nunha dieta hipercalórica e nun encerro case total no seu fogar. Este remata por converterse nun cárcere onde ela, acostumada a unha intensa actividade social e artística, acabaría por achegarse ao abismo da existencia e ao límite da súa cordura.
A autora utiliza as claves do relato de terror gótico para denunciar os mecanismos de represión propios do heteropatriarcado sobre as mulleres da súa época, privadas de todo tipo de voz pública e pechadas nun sistema que as facía plenamente dependentes dos seus esposos. Rebélase así contra as convencións da época, apostando por unha radical liberación da muller do xugo masculino e unha defensa da necesidade de conformarse como suxeito de pleno dereito, empoderándose sen concesións.
O empapelado amarelo é unha das mellores mostras da literatura feminista mundial do século XIX, que aínda hoxe é xerme de diversas interpretacións, revisións e novas lecturas por parte de artistas de todo o mundo, dado o seu carácter fundacional, onde a autora constrúe unha personaxe que representa un arquetipo contemporáneo da loita da muller por acadar a liberdade plena.
Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos en adiante.
Debido ás restricción polo COVID, só haberá 30 localidades disponibles.
Entrada libre con invitación (Recollidas na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1714081684

SINGLE.1714081684