16/12/2019

Actuación de Produccións Excéntricas co espectáculo “Cartoóns”

Este Venres 20 de Decembro ás 19h. actuación de PRODUCCIÓNS EXCÉNTRICAS co espectáculo “Cartoóns”, dentro do Programa de Nadal do Concello de Barbadás

Sinopse:

Dous tipos abandonados nas marxes. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala. Poden estar na marxe do primeiro mundo, e seren seres que se ven obrigados a exiliarse da guerra da sua patria, para instalarse nas comfortables valados que lles poñemos na porta da UE ou dos USA. Perderon todo e teñen que inventalo todo de novo.

Todo isto parece un drama, mais non é. Se o contase un xornalista de investigación, sería sen dúvida, motivo para o pranto. Mais os que penetran e esculcan neses mundos son dous clowns. A ollada inocente dos pallasos fannos ver as cousas diferentes aos medios de comunicación, e cando o candor do clown se atopa coa inocencia da infancia (a primeira, a auténtica) entre as duas crean mundos que antes non existian. As crianzas ven o mundo como non o voltarán a velo e os adultos que os acompañen poderán descubrir algo novo tamén. Os clowns, que teñen algo de dibuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nós tiramos ao lixo diariamente.

O cartón serviralles para construir casas, revisteiro, rolo de papel hixiénico, bandeixas, edredons, motos, parasol de praia, skis, ponchos, avions … en definitiva, todo o que o común da xente vai adquirir a unha coñecida multinacional sueca.

Espectáculo Familiar.

Entrada libre con invitación ata completar aforo (Recollida na Casa da Cultura)

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1713490099

SINGLE.1713490099