19/08/2019

Actuación do Grupo CÍA VAYA

Este xoves 22 de Agosto, ás 21h. no Parque dos Patos de A Valenzá, actuación do Grupo CÍA VAYA co espectáculo “Atempo”

Atempo é un espectáculo de circo contemporáneo, unha conmovedora e lúdica peza artística chea de enerxía, humor e poesía. Mestura impresionantes acrobacias de man a man, danza e teatro xestual, presentando unha visión orixinal da evolución humana. A través da performance, a danza, o humor do teatro de imaxes e de impresionantes figuras de man a man, este dúo de artistas conduce ao público nunha viaxe aos instintos da humanidade, propoñendo unha visión diferente do que é ser humano hoxe en día.

 

Con Atempo, a compañía Vaya interpela á audiencia para que se pregunte polo futuro da nosa especie. “A través do circo contemporáneo falamos sobre os nosos procesos de evolución convidando a quen ve a peza a retroceder ás bases do que fomos, o que quizais somos e o que nos habita.”

Xéneros: Circo e clown.

Público: Público Familiar.

Tipo espectáculo: Circo e rúa.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

 

Cultura, Eventos

CONTENT.1714039116

SINGLE.1714039116