26/03/2019

Actuación do Mago Teto

Este Venres 29 de Marzo, remata o Programa TERRA MÁXICA que se celebrou durante o mes de marzo no noso Concello.

E para o final agárdanos unha dobre actuación do MAGO TETO.

Ás 12h. e para @s alumn@s dos Colexio Filomena Dato e O Ruxidoiro, fará unha charla sobre “A incrible historia da Maxia”

E ás 19h. actuación co espectáculo “O Afiador”

Un espectáculo que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta herdada polo mago Teto dos seus ancestros. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX -e practicamente extinguido no século XX- desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses -mesmo anos- coa única compaña da súa roda.

Miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e paraugas.

Entrada libre ata completar aforo.

Espectáculo para todos os públicos.

Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.

Cultura, Eventos

CONTENT.1571616377

SINGLE.1571616377